miércoles, 30 de diciembre de 2015

FAMILIAS VOLUNTARIAS




Nesta ocasión queremos animar aos pais e nais a colaborar na xestión e dinamización da biblioteca escolar do IES María Sarmiento. Trátase de facer grupos de traballo que estean en estreita colaboración co profesorado do grupo da biblioteca e co alumnado deseñando actividades de apoio á biblioteca, lectura compartida, etc




Aquelas familias que desexen participar, poden facernos chegar o seu interese a través da folla de inscripción que os rapaces levarán á casa. 



SOLICITUDE PARA COLABORAR NAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Co comezo do 2016 queremos retomar una boa práctica que tiñamos en anos anteriores: A participación dos alumnos na xestión e dinamización da nosa biblioteca. 


Aquel alumnado que estea interesado en propoñer e levar a cabo novas actividades da biblioteca e axudar aos seus compañeiros na resolución de problemas, búsqueda de información ou localización de libros, pode anotarse na biblioteca ata o 15 de febreiro de 2016. 


Ao final de curso a Xunta otorgaralle un diploma acreditativo e disfrutará, tamén, de outras vantaxes como a ampliación no préstamo dos libros ou no aumento de libros para levar á casa. ¡Anímate a participar!

CONCURSO DE CREACIÓN LITERARIA

O martes 15 de decembro celebramos o concurso anual de creación literaria da biblioteca. Os participantes, que tiñan que anotarse na biblioteca antes do venres 11, non souberon ata o momento de comezar o concurso que tiñan que redactar un microrrelato en galego co seguinte comezo: "Abandonan, primeiro un e logo o outro..." Nesta ocasión o premio eran 80€ en metálico que foron para a gañadora  Nuria Díaz Otero de 1º de ESO A. Aquí vos deixo o seu texto:

Abandonan, primeiro un e logo o outro porque os bicos e os abrazos non son a única maneira de que unha persoa sexa amada. Os bicos máis fugaces ou máis apaixonados non son os máis queridos. O corazón decidirá se é ou non aquela persoa especial que che fará chorar de alegría ou rir cando estás triste. 

Isto todo reflexioneino cando o amor apaixonado de Xulieta e Romeo acabou en algo que puido ser. Esa aventura que rematou con dúas vidas, dúas familias, dous beizos de amor que acabaron afundidos nun mar de tristeza e soidade.

Ónde se atoparía Shakespeare no momento en que  escribía esta traxedia? Qué destrúe millóns de corazóns? 

Eu sei o que é sentirse así,  que unha persoa a que amas desapareza. Mais iso xa non importa. A vida acábase dunha maneira ou de outra e os nosos pensamentos acabarán afogados nese mar de tristeza e soidade.  

miércoles, 20 de mayo de 2015

ENCONTROS DOS CLUBS DE LECTURA

O martes 19 de maio reunímonos en Viveiro co alumnado dos clubs de lectura do IES da Pontenova, que viñeron coñecer a nosa vila e a intercambiar opinións sobre as actividades que fixeramos en común. Xuntámonos á hora de xantar no parque situado ao lado do instituto e compartimos conversa e experiencias e quedamos de seguir en contacto para intertar vernos en setembro.

domingo, 10 de mayo de 2015

EXPOSICIÓN PLAMBE DO 12 AO 15 DE MAIO DE 2015




CENTROS ESCOLARES PARTICIPANTES:
·                    EEI SAN ROQUE (VIVEIRO)
·                    CEP LOIS TOBÍO (VIVEIRO)
·                    CEIP A. PEDROSA LATAS (CELEIRO-VIVEIRO)
·                    CEIP PLURILINGÜE DE COVAS (COVAS-VIVEIRO)
·                    CEIP PLURILINGÜE SANTA RITA (GALDO-VIVEIRO
·                    CEIP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES ROLLÁN (XOVE)
·                    CEIP DE CERVO
·                    IES MARÍA SARMIENTO (VIVEIRO)
·                    IES VILAR PONTE (VIVEIRO)
COLABORAN:
·                  CONCELLERÍA DE CULTURA DO EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO
·                  LIBRARÍA BAHÍA DE FOZ.
·                  LIBRARÍA NOBEL DE BURELA.
·                  LIBRARÍA PORTA DA VILA DE VIVEIRO.
·                  LIBRARÍA FP DE COVAS- VIVEIRO.
·                  LIBRARÍA NEIRA DE VIVEIRO.



          
INVITACIÓN ÁS FAMILIAS
Do martes 12 ao venres 15 de maio
18:00 A 20:00 horas




  • Martes 12, ás 18:00h.

o       Inauguración da exposición coa participación das Comunidades Educativas, dos Centros escolares e  das Autoridades.
o       Representación con títeres de “COCORICO”,  a cargo  da EEI San Roque   .
o       Dramatización  “libros para todos”, a cargo do alumnado CEIP plurilingüe Santa Rita de Galdo



  • Mércores 13, ás 18:00h


o       Dramatización a cargo do alumnado do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro (“ O país dos Mandóns”.
o       Actuación do alumnado do CEIP plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove ( “Eu son Rosalía cando...”)



  • Xoves 14, ás 18:00h.
o       Teatro en verso  “A matemática historia de cadrado e circuliña”, a cargo do alumnado do CEIP Plurilingüe de Covas
o       Regueifas a cargo do alumnado do CEIP de Cervo.
o       Representación “Outra historia de Carapuchiña” a cargo do alumnado do CEP Loís Tobío de Viveiro, acompañada do coro do mesmo colexio.
o       Romance interpretado polo alumnado do CEP Loís Tobío de Viveiro.


  • Venres 15, ás 18:00h.
o       Cancións infantís interpretadas polo alumnado do IES María Sarmiento de Viveiro.
o       Actuación musical a cargo do alumnado do IES Vilar Ponte de Viveiro.
o       Clausura da Exposición