Como veredes clickando no enlace xa estamos no mapa dos blogs das bibliotecas escolares de Galicia.
Acabamos de comezar pero entre todos pode que fagamos que esta andaina sexa grande e rica de verdade.
Xa sabedes, queremos comunicar e facer participar á maior cantidade de xente posible nas actividades ou nas posibilidades educativas, formativas e culturais da nosa biblioteca pero tamén deste enorme espazo virtual que é a web 2.0, na que estamos un gran número das bibliotecas escolares de Galicia pero tamén de todo o mundo, xunto con outros blogueiros que con esta ou outra "afición", colaboran de xeito altruísta con todos nos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario