O outro dia coñecimos a existencia desta tremenda actividade cultural en Colombia. É unha idea do profesor Luis Humberto Soriano, o biblioburro, para extender a posibilidade de ler a esa morea de aldeas colombianas que non tiñan ningunha posibilidad de acceder á lectura.
É maravilloso ver non só o esforzo do profesor senón tamén o entusiasmo dos nenos e e nenas e as súas familias.
Da un pouco de envexa cando miramos o que sucede no noso mundo privilexiado.
Sorte compañeiros e boas lecturas ...
Acabo de atopar en Nosololibros unha vella película británica na que atopamos outra libraría moi orixinal que enseguida (salvando as distancias!) me recorda ó biblioburro.
Bibliorrio?
No hay comentarios:
Publicar un comentario