"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

jueves, 24 de abril de 2008

SEGUIMOS NO MES DA CIENCIA FICCIÓN...

Eiquí podedes consultar as novelas e cómics de Ciencia Ficción que tedes na biblioteca

miércoles, 23 de abril de 2008

Excursión 4º ESO Barcelona

Pois aquí tedes as primeiras novas dos que estamos a percorer Barcelona. Poñemos só algunhas imaxes por falta de tempo. Para que vos vaiades facendo unha idea de como imos...




domingo, 20 de abril de 2008

Xa somos blog

Como veredes clickando no enlace xa estamos no mapa dos blogs das bibliotecas escolares de Galicia.
Acabamos de comezar pero entre todos pode que fagamos que esta andaina sexa grande e rica de verdade.
Xa sabedes, queremos comunicar e facer participar á maior cantidade de xente posible nas actividades ou nas posibilidades educativas, formativas e culturais da nosa biblioteca pero tamén deste enorme espazo virtual que é a web 2.0, na que estamos un gran número das bibliotecas escolares de Galicia pero tamén de todo o mundo, xunto con outros blogueiros que con esta ou outra "afición", colaboran de xeito altruísta con todos nos.

sábado, 19 de abril de 2008

"Vale máis unha imaxe que mil palabras"

O celebre dito non pode estar mellor explicado que co seguinte slideshow. Disfrutádeo, e aproveitade ó mellor vos da ideas para novas definicións. Se se vos ocurre algo comentadeo...

viernes, 18 de abril de 2008

Explora novos mundos ¡LE!

De novo dende o Bibliorios outra xoia. Unha campaña para o fomento da lectura.
Fai o que nos suxire o anuncio. ¡Le!

Internet si pero con precaución...

Internet é unha ferramenta incrible pero temos que ser capaces de usala dun xeito responsable, mesmo polo noso ben.
É só un consello!


"El templo de las mil puertas"

Poñemos á vosa disposición o link do último número da revista de literatura xuvenil "El templo de las mil puertas", para que disfrutedes desta pequena xoia. Nesa páxina debedes clickar na esquina das páxinas para poder ler a revista.

jueves, 17 de abril de 2008

MES DA CIENCIA FICCIÓN

Aquí tedes unha selección das películas de Ciencia Ficción que temos na biblioteca...


"A publicidade"



Acabo de descubrir este video sobre a publicidade moi, moi clariño.
Vai acompañado dunhas actividades en PDF extraidas desta páxina.

miércoles, 16 de abril de 2008

Nova actividade do Plan Valora: Baixada polo Landro

Xa está aberto o prazo para apuntarse á vindeira baixada polo rio Landro en piragua.
Lembrade que hai 50 prazas, se hai máis alumnos/as que desexen realizar a actividade terán preferencia (e nesta orde)os de 4º ESO, CICLOS e 3º ESO. COLLE XA A TÚA AUTORIZACIÓN NA BIBLIOTECA OU NO XIMNASIO! Se queres máis información pincha eiquí.

Os comiqueiros nos saúdan II

Aquí van as adicatorias que estes dous persoeiros nos fixeron de maneira especial.


Os comiqueiros nos saúdan


O noso compañeiro Primitivo compartiu mesa e mantel con dous dos máis importantes debuxantes de comic do noso país, o madrileño e mítico Carlos Giménez e o galego Fausto Isorna.
Tamén estaban Marina, Gemma e Ferdinando.
Por certo que eiquí tedes un enlace a unha entrevista a Carlos Giménez con algo de video.

martes, 15 de abril de 2008

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Ábrese o prazo para a presentación de fotografías para o concurso que convoca a biblioteca do IES María Sarmiento.
¡Anímate!
Só tes que mirar, apuntar e disparar.
Se queres ve-las bases pincha aquí

Fotos intercambio Lannión

Como sabedes, alumnos de francés de diferentes cursos do noso centro foron de intercabio á Bretaña, en concreto a Lannión. Xa podedes ver aquí as fotos da viaxe.
Esperamos que vos gusten!!!

jueves, 10 de abril de 2008

Exposición sobre Escher

Desde o martes 8 e ata o venres 12 de abril, e organizada polo departamento de Matemáticas, podedes visitar na aula C-8 do noso instituto a exposición "Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte", da asociación de profesores de matemáticas AGAPEMA, da que vos mostramos algunhas fotografías.... Está aberta ó público nos recreos. Non vola perdades!


Aquelas ilustracións ...

!Unha explicación animal á historia da arte contemporánea¡








Clicka nos ollos e poderás velo máis grande e tamén moitos máis libros...

miércoles, 9 de abril de 2008

Plan Valora


Este sábado volvemos abrir a biblioteca do noso centro dentro do conxunto de actividades que facemos no plan valora. De 11 a 13,30 horas. Recordade que podedes vir tanto vós, como os vosos pais ou irmáns.

martes, 8 de abril de 2008

Concurso de artigos xornalísticos normalizadores


IV Premio a artigos xornalísticos normalizadores
Concello de Carballo 2008

Se vos sentides inspirados, desde a biblioteca animámosvos a participar neste concurso. Os premios son máis que atractivos. Aquí tedes máis información sobre a convocatoria deste concurso.

Moita sorte!!!

lunes, 7 de abril de 2008

¡Xa sabemos quen gañou o concurso literario!

martes, 1 de abril de 2008

Calendario