"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

lunes, 19 de junio de 2017

Encontro de clubes de lectura 2017

Baixo un ceo abrasador unha experiencia refrescante e en moi boa compaña!








viernes, 16 de junio de 2017

Clube de lectura de 1º da ESO


O alumnado do clube de lectura de 1º da ESO reuniuse esta semá para compartir impresións sobre o libro de Susana vallejo "El espiritu del ultimo verano".


viernes, 2 de junio de 2017

Nova reunión do clube de 1º de ESO

Nova reunión do clube de lectura de 1º de ESO que están lendo a novel de Care Santos "Mentira". Un gran éxito!



As letras galegas na Biblioteca

Unha pequena mostra da celebración das Letras Galegas na Biblioteca no día de Carlos Casares.


Visita de Riveiro Coello á nosa Biblioteca.


Este ano grazas ó traballo da nosa compañeira Luz Sierra visitáronnos moitos autores a falar das súas obras. A semán pasada fixoo Antón Riveiro Coello para falarnos do seu libro "A ferida do vento" que tamén leron os nosos alumnos.


jueves, 11 de mayo de 2017

Coro de nenos!

Aquí van as primeiras fotos da actuación do coro de nenos das escolas que participaron na inauguración da Exposición da Microrrede de Bibliotecas da Mariña.



martes, 9 de mayo de 2017

Correlingua 2017


Aquí temos ó alumnado de 1º de ESO afandos na elaboración das pancartas do Correlingua deste ano! Quedaron xeniais... Grazas!









Visita de Núñez Singala!

Onte visitounos Manuel Núñez Singala, o autor das novelas "O achado do castro" e "Camiños de auga" que este ano limos os alumnos e alumnas do instituto.





lunes, 8 de mayo de 2017

Primitivo Marcos e as letras galegas ...

Non podía faltara colaboración do noso compañeiro e artista Primitivo Marcos que nesta ocasión nos deixa sendos retratos de Rosalía de Castro e Carlos Casares... Grazas!




Microrrede A Mariña

Aquí tedes os traballos feitos polas bibliotecas escolares da comarca que se expoñen de novo no Concello de Viveiro. Vaia maravilla! A cada cal mellor! Noraboa!










viernes, 5 de mayo de 2017

Clube de lectura


Nova reunión dos clubes de lectura, neste caso foron os alumnos de 3º ESO que leron o libro "O mundo secreto de Basilius Hoffman"... Esto non para!

viernes, 28 de abril de 2017

Iria Misia


Este luns visitounos a escritora Iria Misia, flamante gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016 có seu formidable libro "Xa non estou aquí". O libro conta dende un punto de vista coral a desaparición dunha rapaza, cunha narrativa moi fresca e un final sorpendente, e tivo un gran éxito entre o noso alumnado.





Mercado solidario.

Esta semá fixemos no insti un mercado solidario con libros donados por membros da comunidade escolar, có obxectivo de recadar cartos para o Banco de Alimentos e a Sociedade Protectora de Animais, e como sempre foi un éxito...
Aquí tedes algunhas imaxes!