"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 20 de mayo de 2009

Deixounos Mario Benedetti...
























Este domingo morreu en montevideo o escritor uruguaio Mario Benedetti do que xa falamos algunha vez nesta páxina ou noutros dos nosos blogs.
Leede algunha das súas poesías ou dos seus relatos e teredes unha idea da importancia deste autor. sensibilidade, compromiso, humanismo,...

lunes, 18 de mayo de 2009

Edgar Allan Poe na Biblioteca...

Que quen é POE?

Nin máis nin menos que o renovador da novela gótica (ou de terror), e o inventor das novelas detectivescas e do xénero da Ciencia Ficción.
Como vedes naceu no ano 1809 ou sexa fai 200 anos e polo tanto estamos celebrendo o bicentenario dese feito.
Para facelo imos expoñervos os libros que temos na Biblioteca deste autor que como poderedes ver ten obras traducidas a tódolos idiomas.
¿Cales son as máis famosas? Pois hainas de tódolos xéneros…
Por suposto “O escarabello de ouro” (tesouros escondidos), “Os crimes da rúa Morgue” (novela de misterio e detectives), “A caída da Casa Usher” (terror), “As aventuras de Arthur Gordon Pym” (aventuras no mar)…
Animádevos e levade algún destes libros para casa. Son moi doados de ler xa que se trata contos breves (salvo “As aventuras de Arthur Gordon Pym” que é un pouco máis longo).
E tamén temos una novela de detectives que se basea na súa vida… “La sombra de Poe”

jueves, 7 de mayo de 2009

Nova reunión do clube de lectura ...



Este venres 8 da Maio imos reunirmos no recreo no Salón de Actos da Biblioteca, para comentar os primeiros capítulos da novela "Cartas de amor" de Fran Alonso.
Non vos esquezades e ide reflexionando sobre o tratado neses capítulos, xa sabedes, amor, inmigración, ong's, ...