"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Felices Festas ...

Imaxinádevos que fose o noso instituto. Esto si que é espíritu navideño.

Amazing Grace Techno - Computer Controlled Christmas Lights from Richard Holdman on Vimeo.

Clube de lectura "O burato dos libros": 2º trimestre


Xa temos na biblioteca exemplares do libro que imos ler no segundo trimestre no noso clube de lectura para os alumnos de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato.
Trátase de "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
Despois do éxito de "Ollos de auga", Domingo Villar volve a presentarnos un novo caso do inspector vigués Leo Caldas. O noso protagonista terá que resolver o aparente suicidio dun mariñeiro o que o levará a atopar respostas a un naufraxio ocurrido moito tempo antes.
Para todos os que sodes amantes das novelas de detectives e de misterio tedes diante unha das mellores novelas dos últimos tempos.

martes, 15 de diciembre de 2009

lunes, 23 de noviembre de 2009

Reunión do clube de lectura: 3º e 4º da ESO, Bacharelato e ciclos.


Este xoves, 26 de novembro, na hora do recreo nos reuniremos para falar do libro que estamos a ler, "El baile" de Irene Nemirovski. Os que xa o leíchedes enteiro deixádeo na biblioteca para que o resto dos membros do clube o poidan ler.
Grazas.

Clube de lectura de 1º da ESO


Xa temos na bilbioteca o libro que imos ler no clube de lectura de 1º da ESo. Trátase de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luís Sepúlveda. Vide collelo e leédeo canto antes. Pronto faremos a primeira reunión. Atentos

jueves, 12 de noviembre de 2009

Gústanos ler!!

¿Por qué?


POde ser a hora de repasar algunhas páxinas vellas do blog...

lunes, 9 de noviembre de 2009

Clube de lectura: "El baile"

Comeza unha nova andaína do noso clube de lectura "O burato dos libros".
Este ano faremos tres grupos de lectura, un de primeiro da ESO, outro para os alumnos de 2º da ESO e un terceiro para o resto.
Para este último grupo (3º e 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos), neste primeiro trimestre imos ler o libro "El baile" de Irene Nemirovsky. Xa podesdes pasar a recollelo pola biblioteca do noso centro.
Nesta páxina vos iremos indicando cales son as lecturas dos outros dous grupos e cando temos os libros á vosa disposición na biblioteca.

Ah! Lembrádevos de pasar pola biblioteca para facer o carnet do clube de lectura aqueles que non o teñades feito.
Unha aperta ...

domingo, 8 de noviembre de 2009

Crucigrama para os seguidores de "Crepúsculo"


Para todos os que sodes fans de crepúsculo e o queredes demostrar, ahí vai este xogo atopado na rede, un crucigrama.
Disfrutade del.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Arte (con maiúsculas) en directo

Dous fragmentos en video, un que acabo de atopar na páxina sorprendible (e xa levo varios) e o outro un vello post do noso blog no que vemos a traballar a Picasso en vivo.
No primeiro Kseniya Semonova traballa con area e fai unhas obras sorprendentes. Parece maxia!

No segundo Picasso traballa en vivo facendo unha pequena obra de arte diante dunha cámara fotográfica.
A semellanza é evidente, aínda que ¿por que non dicir que o alumno parece superar ó mestre?
Compárao.

Arte e música

let yourself feel. from Esteban Diácono on Vimeo.

Con música de Olafur Arnalds.
Disfrutade e relaxádevos coa seguinte videocreación.

martes, 20 de octubre de 2009

Distracción

É doado estudar ou traballar con música? Ó protagonista desta curtametraxe parece que non lle vai moi ben.
Nunca vos sentíchedes asediados por esa musiquilla ou esos ruídos que vos acaban machacando os ouvidos?
!Pero aínda que non valga de moito tamén hai lugar para a vinganza¡

Reunión do clube de lectura


Quedades todos convocados para reunirnos o xoves, na hora do recreo, na biblioteca, para comezar unha nova andaína do noso clube de lectura "O burato dos libros"... Acudide!

Videocreación!

O cine e a música xuntas como nunca. Vaia traballo de edición de Ricardo Autobahn. Facede a proba de adeviñar cantas películas e series das que aparecen no video coñecedes.


















Aquí tedes as respostas ...




lunes, 19 de octubre de 2009

Aquiles en Skyros

Buceando nunha páxina dunha empresa arqueolóxica, Balawat, especializada na creación de reconstruccións virtuais de xacementos arqueolóxicos (non vola perdades), atopei este video sobre Aquiles, o heroe da guerra de Troya.
Pincha de encima da imaxe e disfrutádeo...

Por certo se podedes olládeo en alta calidade. Eu non o sabía pero agora en youtube pinchando onde pon HQ, pois eso, vedes o video en alta calidade. ¡O que se aprende!

domingo, 18 de octubre de 2009

Comeza a hora de lectura semanal!


A partir deste luns, 19 de outubro, comezaremos a desenvolver no horario lectivo unha hora de lectura semanal nos niveis da ESO, PCPI e 1º de Bacharelato.
O noso horario está disponible nesta dirección e comezará nesta semá na primeira hora do luns para todosd os grupos.
Esta hora de lectura se poderá desenvolver de dous xeitos diferentes, lectura libre ou dirixida polo profesor.
  • Por defecto a lectura será libre, ou sexa poderedes ler libremente calqueira documento da biblioteca de aula ou o que traigades de casa, excepto, claro, aquelas lecturas que non parezan apropiadas:xornais deportivos, prensa rosa,...
  • Pero pode ser tamén que o profesor traia material preparado por el, como por exemplo un relato sobre o que facer un debate,... Neste caso o profesor vos debería avisar con anticipación para que non carguedes con libros que non ides usar.
Como xa se desprende do que leíchedes anteriormente, as aulas da ESO e do PCPI disporán dunha amplia biblioteca de aula, das que os alumnos sderán responsables.

Non vos esquezades que na semán da ponte de decembro as crases comezan un mércores, polo que ese día, 9-XII, haberá (para todos os grupos) hora de lectura á primeira hora da mañá.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Comeza un novo curso...

Con certo retraso poñémonos de novo a traballar...
Estade atentos por que proximamente a biblioteca vai ir desenvolvendo as seguintes actividades:
Como é normal neste trimestre imos facer unha campaña temática recollendo aqueles libros ou películas que xiren en torno ó mundo do terror e do sobrenatural coma o noso particular achegamento ó día de defuntos e o samaín...


Tamén realizaremos dous concursos dos que xa vos iremos informando, o da realización dun marcapáxinas, e un concurso literario, todos eles para resolverse antes doas vacacións de Nadal.
Retomaremos a proxección de audiovisuais variados, no salón de actos, nos recreos dos mércores.
Realizaremos, como no vindeiro curso, un clube de lectura para todos os que vos queirades apuntar.
Estade atentos ó noso calendario

miércoles, 24 de junio de 2009

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN!



Aquí tedes unha serie de recomendacións para ler no verán. Pasádevos pola biblioteca e collede os libros que queirades...

miércoles, 20 de mayo de 2009

Deixounos Mario Benedetti...
























Este domingo morreu en montevideo o escritor uruguaio Mario Benedetti do que xa falamos algunha vez nesta páxina ou noutros dos nosos blogs.
Leede algunha das súas poesías ou dos seus relatos e teredes unha idea da importancia deste autor. sensibilidade, compromiso, humanismo,...

lunes, 18 de mayo de 2009

Edgar Allan Poe na Biblioteca...

Que quen é POE?

Nin máis nin menos que o renovador da novela gótica (ou de terror), e o inventor das novelas detectivescas e do xénero da Ciencia Ficción.
Como vedes naceu no ano 1809 ou sexa fai 200 anos e polo tanto estamos celebrendo o bicentenario dese feito.
Para facelo imos expoñervos os libros que temos na Biblioteca deste autor que como poderedes ver ten obras traducidas a tódolos idiomas.
¿Cales son as máis famosas? Pois hainas de tódolos xéneros…
Por suposto “O escarabello de ouro” (tesouros escondidos), “Os crimes da rúa Morgue” (novela de misterio e detectives), “A caída da Casa Usher” (terror), “As aventuras de Arthur Gordon Pym” (aventuras no mar)…
Animádevos e levade algún destes libros para casa. Son moi doados de ler xa que se trata contos breves (salvo “As aventuras de Arthur Gordon Pym” que é un pouco máis longo).
E tamén temos una novela de detectives que se basea na súa vida… “La sombra de Poe”

jueves, 7 de mayo de 2009

Nova reunión do clube de lectura ...



Este venres 8 da Maio imos reunirmos no recreo no Salón de Actos da Biblioteca, para comentar os primeiros capítulos da novela "Cartas de amor" de Fran Alonso.
Non vos esquezades e ide reflexionando sobre o tratado neses capítulos, xa sabedes, amor, inmigración, ong's, ...

lunes, 13 de abril de 2009

Reunión do Clube de Lectura


Este venres 17 de Abril no recreo, teremos a reunión preparatoria da lectura deste terceiro trimestre que será "Cartas de amor" de Fran Alonso. Por favor vide todos e todas.
Se queredes xa temos varios exemplares na biblioteca para que poidades ir comezando a súa lectura.

sábado, 28 de marzo de 2009

Xa publicamos o noso xornal en "El país de los estudiantes"



O grupo de 4º de ESO PDC acabamos (por fin!) de redactar e publicar o noso xornal no concurso nacional de "El país de los estudiantes". Se queredes velo tedes eiquí un acceso.

lunes, 9 de marzo de 2009

Cineforum "Los ultimos días del edén"



Para rematar as reunións desta primeira tanda do noso clube de lectura o xoves de 4 a 6'30 da tarde faremos unha ultima sesión de debate sobre a novela e ó mesmo tempo veremos unha película cunha temática cercana. ¡Comparade os doctores da película e da novela a ver se vedes algunha semellanza ... e algunha diferencia!

miércoles, 4 de marzo de 2009

Reunión do Clube de lectura


Este venres 6 de Marzo imos facer a penúltima reunión do noso clube de lectura. Imos facela no recreo no Salón de Actos da Biblioteca. Traede o libro lido ou casi...

martes, 17 de febrero de 2009

Sorpresa!!

En ANB atopamos este cadro. Pincha nel e deixao como te guste...

lunes, 16 de febrero de 2009

"O Provisional" en Internet...




A revista do noso centro que xa vai polo número 43 (ininterrumpidamente dende maio do ano 1994) xa está colgada en Internet (en formato pdf).
Para vela non tedes máis que acceder neste enlace. Tede paciencia xa que estamos empezando a cargalos dende os máis antigos ata os máis recentes, pero moi pronto xa estarán todos.

viernes, 23 de enero de 2009

Retrasámonos...



Como hoxe venres 23 non tivemos clase por mor do temporal retrasamos a sesión do clube de lectura para o vindeiro venres 30 de xaneiro á mesma hora no mesmo lugar...
Por certo se alguén do clube de lectura quere ver unha magnífica película cun fondo literario, o próximo mércores 28 de xaneiro ás catro da tarde no Salón de actos da Biblioteca, proxectaremos para os alumnos de 4º da ESO, "Sentido y sensibilidad". Estades todos invitados...

martes, 20 de enero de 2009

REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA



Este venres 23 de xaneiro na hora de recreo na biblioteca imos ter a 1º reunión do clube de lectura para facer un seguimento do que imos lendo.
Aproveitaremos para facer a foto para o carnet así que ¡poñédevos guapas e guapos...!

jueves, 8 de enero de 2009

Festival de Nadal (4)

Tamén no festival de nal entregamos ós premios ós concursos covocados no primeiro trimestre, o concurso literario, o do marcapáxinas e o torneo de xadrez.
Os gañadores son os seguintes:
Ayrtom, Federico e Iria no concurso literario na sección 1º Ciclo e Pablo, Caren e David no 2º ciclo.
No tocante ó marcapáxinas os seleccionados foron Amparo, Ana Dablanca e Ana Corujo.
Por último no torneo de xadrez os campeóns foron Pedro e Salva.
Nas seguintes fotos os veredes xunto a Victor, ó vicedirector do noso centro, facendolles entrega dos respectivos diplomas.

martes, 6 de enero de 2009

O festival de Nadal (3)

E entre plato e plato estivemos degustando un variado almorzo internacional organizado polos alumnos de ESO e as/os profesores dos distintos departamentos lingüísticos do centro. Foi un verdadeiro éxito e a recadación servirá para axudar a financiar a excursión de 4º deste curso.
E para poñervos os dentes largos,...

O festival de Nadal (2)

Tamén houbo no festival deste ano unha representación dos feitos do nacemento de Xesús con alumnos da ESO. Velahí van algunhas fotos.