"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

GAÑADORES DO CLUB DE LECTURA DE 3º DE ESO

As gañadoras do concurso son Alba Rouco, Clara Vázquez, María Li e Olga Cortiñas, que foron agasalladas cunha entrada para ir ao cine. 
O concurso consistía en presentar o libro favorito para un familiar cercano: pai, nai, irmán, avó...
Noraboa as gañadoras!!!

Queres ser colaborador da biblioteca?

Xa está aberto o prazo para anotarse como Colaborador da Biblioteca antes do venres 14. A Xunta otorga un diploma oficial co nº de horas de traballo na biblioteca durante os recreos. Nese tempo aprenderedes a usar o programa informático meiga para realizar préstamo de libros, a ordenar libros nos andeis e nas diferentes seccións e propoñer actividades dinamizadoras. Contamos con vós!!!


lunes, 10 de diciembre de 2018

Reunión do clube de lectura de 3º de ESO

Nesta reunión do Club de Lectura de 3º de Eso  os alumn@s nos contaron o libro favorito dun familiar.

domingo, 2 de diciembre de 2018

Encontro con Pedro Ramos

Esta semán tivemos un encontro có escritor Pedro Ramos, o autor de "La playa de los cristales" y "El coleccionista de besos", libros que estámos a ler nos nosos clubes de lectura.










miércoles, 28 de noviembre de 2018

Acto contra a violencia de xénero

Comezamos no Salón de actos facendo unha lectura colectiva do libro @Todos deberiamis ser feministas” de Chimamanda Ngozi Adichie




E logo continuamos no recreo facendo unha lectura dun manifesto no patio cuberto e Alicia nos contou a súa experiencia personal. Un acto moi emotivo. Aquí tedes as fotos e os  videos do acto...

















Xirnada do clube de lectura dos profes do IES María Sarmiento

Este sábado 24 de novembro o club de lectura de profesores levou a cabo o roteiro literario en torno á figura do Marqués de Sargadelos. A ruta comezou á primeira hora da mañá na Casa da Administración, dende onde o Marqués xestionaba a fábrica, e posterior visita ao Pazo onde residíu. Ambos no Concello de Cervo.

Despois a comitiva trasladouse á Ribadeo para coñecer o Pazo de Guimarán e a actual Casa do Concello, lugares ambos onde vivíu o



primeiro e máis destacado comerciante da citada vila antes de ser asasinado.

martes, 23 de octubre de 2018

O principiño

Sabela está traballando cós seus alumnos sobre o "Principiño". Como curran!





Pedro Ramos nos vista...

Pedro Ramos o autor que xa todos coñecedes pola súa obra "La playa de los cristales" vainos visitar para falarnos doutra novela súa, "El coleccionista de besos", nunha actividade conxunta co IES Illa de Sarón de Xove...
Recordade que os alumnos de 1º de ESO van ler estas dúas novelas no seu clube de lectura.


A lectura funciona...

Ines mandounos esta foto da hora de lectura na súa aula de 3º ESO C... Que bós semellan!



martes, 16 de octubre de 2018

II Concurso de microrrelatos matemáticos

Xa chegou a segunda edición do noso concurso de microrrelatos matematicos...
Non vos despistedes!!!


Clube de lectura dos profes

Comeza unha nova andaina do clube de lectura dos nosos profes. Este ano imos ler o libro "Azul cobalto" de Alfredo C
onde sobre a vida do Marqués de Sargadelos...



Dia da nena

A nosa compañeira Sabela e o alumnado de 1º de ESO fixeron estos carteis... Que vos parecen?






martes, 9 de octubre de 2018

Lecturas obrigatorias para o curso 2018-9: Lingua galega e lingua castelá




Horario de gardas na biblioteca

E aquí tedes o horario de gardas na Biblioteca, é dicir o horario no que esta está aberta e os profesores que a atenden...


Horario da Hora de lectura 2018-9

Este é o horario para a hora de lectura semanal para este curso:



miércoles, 4 de julio de 2018

REMATANDO O CURSO...

O derradeiro día do curso, o xoves 21 de xuño, o Club de Lectura de 1º de ESO adicou unha hora a facer unha "Mermelada de Emocións", escribíndolles a cada un dos compañeiros unha mensaxe positiva de agradecemento e recordo polas vivencias compartidas ao longo do ano. Tamén lle adicaron unhas palabras á profesora Josefa de Inglés, que se xubilou despois de 35 anos na ensinanza. Quixeron agasallala cun ramo de flores aproveitando para sorprendela no festival de Fin de Curso.



ACTIVIDADE DEPORTIVA DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO

O martes 19 os alumn@s do Club de Lectura de 1º de ESO pasaron a mañá na praia de Esteiro do Barqueiro practicando surf. Despois da merenda cada un deles leu un poema de Carlos Negro, pechando así a xornada. 


RECITAL POÉTICO COA VISITA DE JONI RAMOS

Na tarde do mesmo luns 18 de xuño, e por terceiro ano consecutivo, o alumnado destes clubs de lectura participou nun recital poético que contou cunha excelente dramatización do actor Víctor Rolle e a visita de Joni Ramos, antigo alumno do centro que quixo acompañarnos desinteresadamente nesta ocasión e compartir a merenda con nós.