"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

viernes, 3 de marzo de 2017

ENTROIDO 2017

O venres 24 de febreiro celebramos o entroido durante as dúas últimas horas de clase. Este ano coa temática "Personaxes de película, un entroido de cine". O desfile estivo organizado nesta ocasión polas alumnas de 2º do Ciclo de Administración e Finanzas que se encargaron de seleccionar a música e as imaxes que acompañaron aos participantes no concurso de disfraces e que elaboraron o decorado do fotocol. Houbo tres premios individuais e tres para as comparsas. Aquí vos deixamos todas as fotos dese día.