"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

jueves, 28 de abril de 2016

O TENDAL DAS IDEAS

 Esta idea da profesora de francés Marijo nace coa intención de que a comunidade educativa colgue libremente aqueles recortes de prensa que lle chamen a atención por calquera motivo.
Trátase de facer máis públicas se cabe aquelas fotografías ou críticas persoais sobre os temas de actualidade ou que están a acontecer na nosa contorna. animámosvos a todos a participar.

EXPOSICIÓN "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA"

Por quinto ano consecutivo, a biblioteca do IES María Sarmiento colabora no traballo conxunto da Microrrede A Mariña realizando unha exposición no centro para celebrar a semana das letras Galegas. Este curso decidiuse que a propia exposición versara sobre o conmemorado Manuel María e leva o título Os soños de Manuel María


Os alumnos de 1º e 2º de ESO  fixeron, principalmente, mapas mentais da obra do poeta, caligramas de diferentes composicións e ilustracións dos mesmos. Aquí vos queda unha mostra dalgúns deles. 



 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 2º DA ESO

Reuníronse por última vez este curso os poucos integrantes que quedan no club de lectura de 2º da ESO. Aproveitaron  para intercambiar opinións sobre o libro proposto A noite do moucho e decidir que daban por concluída a actividade polo baixo poder de convocatoria.

martes, 26 de abril de 2016

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


 Aínda que este ano 2016 o 23 de abril -DÍA DO LIBRO- caeu en sábado, desde a biblioteca decidimos celebralo igualmente o luns 25.


 Un ano máis fixemos un mercado solidario cos libros que previamente doara toda a comunidade educativa.Cada exemplar vendeuse a 2€ en sesións de mañá e tarde.


A iniciativa foi todo un éxito porque se recadaron 130€ para o Refuxio de animais de Viveiro e 130€ para o Banco de Alimentos que xestiona Aspanane.





Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

REUNIÓNS CLUB DE LECTURA DE 1º ESO B

En 1º da ESO B estamos a ler Los derechos torcidos, pequeño libro de relatos cortos que ahondan en las injusticias sociales del mundo y la vulneración de los derchos humanos.