"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 31 de marzo de 2010

Máis arte ... a capela sixtina e a casa da fervenza.

Traemos hoxe dúas novas imaxes que nos permiten ver dun xeito máis completo e orixinal o que son estas dúas obras de arte... Pinchade encima da imaxe e a viaxar pola Capela Sixtina!

Tamén podedes visitar a Casa da Fervenza da Frank Lloyd Wright dun xeito como nunca fixéchedes.

Fallingwater from Cristóbal Vila on Vimeo.



E tamén podedes ver o museo do Prado en Google Earth e se non o tedes instalado no Google Maps.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Outra de música

O directtor e compositor Eric Whitacre tivo a increíble idea de facer un coro a través de colaboracións anónimas ou descoñecidas a través de internet. Para iso fixo un chamamento a través de facebook e empezou a recibir axuda. Neste video resultante colaboraron 250 voces diferentes de ata doce países, interpretando o tema Lux aurumque...
!Vaia gozada¡

Boa Semá Santa

Pasádeo moi ben estas vacacións.
Esquecede as penas e preparádevos para o arreón final no que queda do curso. E para eso que mellor que asubiar e cantar cós Monthy Python este lado brillante da vida...

martes, 23 de marzo de 2010

Imos facer arte

Temos un novo programa para pintar de xeito doado. Chámase flame e como ves é moi simple. Selecciona o pincel e a traballar. Poderás facer obras como esta (!se eres capaz, claro¡).

miércoles, 17 de marzo de 2010

Clube de lectura: terceiro trimestre



No terceiro trimestre imos ler o libro "Asesinato en el Orient Express" da reina do misterio Agatha Christie. Na biblioteca témolo en galego (2 exemplares) e castelán (4 exemplares. Ide colléndoo para poder comezar a leelo na Semá Santa.
Lembrade que á volta de vacacións faremos a última sesión do clube de lectura sobre o libro "A praia dos afogados", acompañada dunha película que está por decidir.
Ata pronto.

Deixounes Miguel Delibes!



Faleceu este fin de semán un dos máis grandes escritores españois dos últimos tempos, Miguel Delibes.
Da súa inxente e variada obra temos na nosa biblioteca moitos exemplares. ¿Que mellor momento que este para ler ou reler algunhas destas obras?
Disfrutade do seu legado para que siga vivindo entre nos...

jueves, 11 de marzo de 2010

Vaia fotografías!



As mellores fotografías da naturaleza do ano 2009.

Que é unha stop motion?

Pois é unha película feita a través de moitas tomas que se van superpoñendo constantemente...
Estamos diante dun video dun par de humoristas da rede que se chaman Rhett and Link. Neste caso para facer esta película se usaron 222 camisetas diferentes en dous días. Ollade a súa creatividade:

Algo semellante é este video chamado "Squeeze me" dos videoartistas Kraak e Smaak:

Kraak & Smaak - Squeeze Me from Kraak & Smaak on Vimeo.

Un paseo pola historia da arte ...

O grupo de rock franco-americano Hold Your Horses ten un video titulado "70 million" no que se nos fai un repaso humorístico a un bo puñado de obras de arte.