"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

jueves, 25 de febrero de 2010

Escribir un libro...

Neste trimestre comezaremos a escribir un libro entre todos os que queiramos participar. Na biblioteca imos poñer un libro en branco nun atril, do que só está escrita a primeira páxina , o comezo da historia...
Todos os que queiramos poderemos ir engadíndolle a continuación novas páxinas a ese libro, de tal maneira que contamos con que en Xuño o libro esté rematado.
Todas as semáns iremos colgando no blog o que se haxa escrito ata o momento no libro, de tal maneira que a través de internet poderemos ver como avanza a historia e así pensar o que podemos escribir a continuación nese libro.

Por suposto queremos que a historia teña continuidade polo que quen escriba no libro deberá identificarse para evitar que alguén escriba barbaridades ou incoveniencias, e para velar que na obra non haxa cousas sin sentido por exemplo un protagonista morto que volte a saír,...
Botádelle una ollada as explicacións obre a actividade neste enlace

Idelle botando unha ollada a como o libro vai medrando (se medra) neste enlace.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Concurso "un slogan para a biblioteca"


Estamos buscando un slogan para que a biblioteca o utilice nas súas actividades. Axúdanos!
Nese slogan debe aparecer algunha alusión ou mención ó que a biblioteca pode aportar os alumnos e profesores do centro...
¿Como tes que facer? Moi doado.

Reunión do clube de lectura


Mañá, xoves 25 , na hora de recreo, teremos unha nova reunión do clube de lectura "o burato dos libros" para analizar e comentar o lido ata o momento do libro "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
¿Como lle irá ó inspector Caldas? Terán os lectores algunha idea do que sucedeu e de quen foi o culpable?...