"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 18 de junio de 2008

A biblioteca ideal


Buceade nunha posible biblioteca ideal grazas á hiperfoto de JF Rauzier.
Visitade unha das nosas grandes fontes de inspiración, o blog Nosololibros.

Máis adicatorias

O noso incansable detective Primitivo Marcos segue a caza de comiqueiros que nos fagan adicatorias para o arquivo da biblioteca. Desta tacada conseguimos tres novos autores dos que ademáis conseguimos os seus libros. Trátase de:
Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"

martes, 17 de junio de 2008

Curtametraxes medioambientais

Os estudios de animación Aardman (creadores de Wallace & Gromit entre outros) nos chega esta páxina sobre a protección do medio ambente a través duns estupendos curtametraxes (en inglés).
Disfrutade deles clickando eiquí ...

martes, 10 de junio de 2008

"O mundo da química" ¿Quen dixo que a ciencia é aburrida"



(Coñecímola grazas a Nosololibros)

A publicidade tamén pode ser un arte...

Dous anuncios sacados de youtube e que nos parecen dúas maravillas dende o punto de vista formal e non o que anuncian:
A vida sobre o papel (soubemos dela grazas a Nosololibros)


Xente coma nos (cortesía de Victor vice)

"Morderse a língua" Centro Virtual Cervantes

O Centro Virtual Cervantes desenvolve esta campaña sobre o mal uso da linguaxe no periodismo actual en España. Así presentan eles a campaña:
"Esta exposición muestra los malos usos del idioma en los medios de comunicación: malentendidos provocados por erratas, errores sintácticos o gramaticales y usos incorrectos de las palabras, con los que se busca siempre la faceta más divertida y sorprendente."
Trátase dunha exposición feita por Jesús Marchamalo no que se recollen recortes de prensa con errores hilarantes que o público enviou ó programa que presenta en TVE "Al habla".
De novo encontramos eta páxina en Nosololibros.

viernes, 6 de junio de 2008

O noso calendario

miércoles, 4 de junio de 2008

Preparando o verán

IMPORTANTE
Non esquezades que a biblioteca tamén se toma vacacións no verán, pero podedes seguir levando documentos en préstamo, aínda que con algúns cambios ...

a) Dvd's
Tedes que devolver antes do día 15 tódolos dvd's que teñades. Os dvd's non se prestan durante o verán.

b) O resto dos documentos
Ampliamos o número de documentos que podedes levar durante o verán. Son 5 documentos por persona. ¿A que esperades?