Co traballo dos rapaces e rapazas de 1 e 2º da ESO fixemos este colorido mural para seguir celebrando a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
O alumnado tiña que darlle color e "decoración" ao retrato da escritora galega.
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
jueves, 19 de mayo de 2016
jueves, 28 de abril de 2016
O TENDAL DAS IDEAS
Esta idea da profesora de francés Marijo nace coa intención de que a comunidade educativa colgue libremente aqueles recortes de prensa que lle chamen a atención por calquera motivo.
Trátase de facer máis públicas se cabe aquelas fotografías ou críticas persoais sobre os temas de actualidade ou que están a acontecer na nosa contorna. animámosvos a todos a participar.
EXPOSICIÓN "OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA"
Por quinto ano consecutivo, a biblioteca do IES María Sarmiento colabora no traballo conxunto da Microrrede A Mariña realizando unha exposición no centro para celebrar a semana das letras Galegas. Este curso decidiuse que a propia exposición versara sobre o conmemorado Manuel María e leva o título Os soños de Manuel María.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO fixeron, principalmente, mapas mentais da obra do poeta, caligramas de diferentes composicións e ilustracións dos mesmos. Aquí vos queda unha mostra dalgúns deles.
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 2º DA ESO
Reuníronse por última vez este curso os poucos integrantes que quedan no club de lectura de 2º da ESO. Aproveitaron para intercambiar opinións sobre o libro proposto A noite do moucho e decidir que daban por concluída a actividade polo baixo poder de convocatoria.
martes, 26 de abril de 2016
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Aínda que este ano 2016 o 23 de abril -DÍA DO LIBRO- caeu en sábado, desde a biblioteca decidimos celebralo igualmente o luns 25.
Un ano máis fixemos un mercado solidario cos libros que previamente doara toda a comunidade educativa.Cada exemplar vendeuse a 2€ en sesións de mañá e tarde.
A iniciativa foi todo un éxito porque se recadaron 130€ para o Refuxio de animais de Viveiro e 130€ para o Banco de Alimentos que xestiona Aspanane.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
REUNIÓNS CLUB DE LECTURA DE 1º ESO B
En 1º da ESO B estamos a ler Los derechos torcidos, pequeño libro de relatos cortos que ahondan en las injusticias sociales del mundo y la vulneración de los derchos humanos.
domingo, 27 de marzo de 2016
LA VIDA EN LA PUERTA DE LA NEVERA
Os alumnos de 1º da ESO B e C tamén leron esta semana previa ás vacacións de Semana Santa o libro La vida en la puerta de la nevera. Como se trata dun libro moi breve no que aparece unha nota en cada páxina, léese moi rápido. Trátase dunha novela orixinal na que se intercambian breves mensaxes unha nai e unha filla de 15 anos. A pesar de ser un libro moi curto, toca a enfermidade do cancro de mama que afecta a tantas mulleres e tamén nos fai reflexionar sobre a vida estresante que levamos e que nos impide difrutar de máis tempo cos nosos seres queridos. Sobre este e outros temas, falaron os rapaces de 1º da ESO e tamén escribiron os seus propios possit adicados aos seus pais.
REUNIÓN CLUB DE LECTURA 1º DA ESO
Esta semana previa ás vacacións de Semana Santa tamén se reuniron os alumnos de 1º da ESO para ler e charlar sobre os libros propostos para a segunda metade do curso. Nesta ocasión o libro que comenzamos a ler é o famoso Mi hermana está sobre la repisa de la chimenea. De momento está resultando unha obra divertida e triste á vez, pero moi interesante e que engancha ao lector desde o principio.
REUNIÓN CLUB DE LECTURA 1º BAC
O xoves 17 de marzo reuníronse as integrantes do club de lectura de Positividade para falar sobre a obra que estiveron a ler Las gafas de la felicidad. A súa coordinadora, Yolanda Fernández, púxolles un vídeo do autor e psicólogo Rafael Santandreu e falaron sobre a fortaleza emocional e o optimismo ante a vida. Yolanda tamén lles propuxo interesantes actividades para marcarse obxectivos e cumplilos con facilidade.
lunes, 14 de marzo de 2016
SEGUIMOS A CELEBRAR O MES DA MULLER
Aquí tedes máis murais sobre grandes mulleres da historia.
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA "HISTORIAS DE MEDO E MISTERIO"
Nova reunión para falar da obra Cando petan na porta pola noite de XABIER DOCAMPO. O club de lectura Historias de medo e misterio está coordinado pola profesora de galego Mercedes López. Forman parte del alumnas de 4º da ESo e 1º de BAC.
MARZO 2016: CELEBRAMOS O MES DA MULLER.
Grande será o día en que xa non teñamos que adicar un mes á muller porque a situación esté "normalizada" en todo o planeta. Mentres, dende a biblioteca, tratamos este mes de salientar a figura de grandes mulleres da historia que tiveron que loitar contra a sociedade e o sistema para facer o que máis lles gustaba a pesares do seu xénero.
Organizaremos un concurso para que toda a comunidade educativa se achegue a ler as súas interesantes historias e poida responder a varias cuestións sobre as súas vidas.
martes, 1 de marzo de 2016
TRABALLANDO COA PRENSA
En 1º da ESO estivemos seleccionando noticias de diferentes xornais para traballar con elas. Tratábase dunha busca de información e traballo colaborativo que despois expuxemos oralmente.
ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA 1º DE ESO
Os alumnos de 1º da ESO leron a obra La vida en la puerta de la nevera, que resultou de grande interese pola súa orixinalidade, xa que descubrimos a vida dunha nai e a súa filla a través dos possits que se deixan la neveira.
Primeiro falamos do que nos ensinou o libro sobre as relacións persoais e sobre afrontar os problemas da vida e despois puxemos por escrito nun possit aquelas palabras que non podiamos deixar de dicirlle aos nosos pais.
jueves, 25 de febrero de 2016
Mércores 24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA
O recientemente creado grupo de colaboradores da biblioteca, celebrou o Día de Rosalía. Este grupo formado por nove alumnos, dúas nais e dúas profesoras, atópase dentro do programa VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Os alumn@s de 1º da ESO son Rosalía Fernández, Laura Rubal e Valeria Fernández; de 2º da ESO Ivana Polo; de 3º da ESO Antía Fernández, Andrés Paleo e Bianca Livanov; e, por último, do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Cecilia Duarte e Dana Moisa.
Para celebrar este día tan sinalado, os alumnos elaboraron uns robots que fusionan a literatura tradicional galega co futuro.
Aquí queda o enlace para ver a montaxe en torno a esta celebración:
http://acrapulada.blogspot.com.es/
Aquí queda o enlace para ver a montaxe en torno a esta celebración:
http://acrapulada.blogspot.com.es/
domingo, 14 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
Un ano máis a biblioteca convocou un concurso de disfraces para o alumnado de todo o centro. Nesta ocasión a temática era "Cadros famosos de todos os tempos". O concurso superou calquera previsión en número e calidade, por iso queremos agradecervos a todos os participantes a vosa imaxinación e alegría. Sodes fantásticos, rapaces. Neste enlace podedes ver todas as fotos das dúas estupendas horas que nos fixéstedes pasar.
martes, 9 de febrero de 2016
REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA
Nesta semana previa ao entroido tamén se celebraron a maioría das reunións dos diferentes clubs de lectura, como esta de 2º da ESO.
VISITOUNOS O ESCRITOR Pedro Feijoo
Este xoves 4 de febreiro de 2016 visitounos o escritor vigués Pedro Feijoo. Durante dúas horas tivemos o pracer de contar coa súa compaña e de falar da súa traxectoria como estudante na facultade de Filoloxía Galega e as súas experiencias como músico dos grupo Los Feliz e Lamatumbá. Pero, sen dúbida, o que máis interesou aos nosos alumnos de 1º de bacharelato foron as anécdotas relacionadas coa súa novela Os fillos do Mar que tiveron a oportunidade de ler na 1ª avaliación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































