"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

martes, 9 de mayo de 2017

Visita de Núñez Singala!

Onte visitounos Manuel Núñez Singala, o autor das novelas "O achado do castro" e "Camiños de auga" que este ano limos os alumnos e alumnas do instituto.





lunes, 8 de mayo de 2017

Primitivo Marcos e as letras galegas ...

Non podía faltara colaboración do noso compañeiro e artista Primitivo Marcos que nesta ocasión nos deixa sendos retratos de Rosalía de Castro e Carlos Casares... Grazas!




Microrrede A Mariña

Aquí tedes os traballos feitos polas bibliotecas escolares da comarca que se expoñen de novo no Concello de Viveiro. Vaia maravilla! A cada cal mellor! Noraboa!










viernes, 5 de mayo de 2017

Clube de lectura


Nova reunión dos clubes de lectura, neste caso foron os alumnos de 3º ESO que leron o libro "O mundo secreto de Basilius Hoffman"... Esto non para!

viernes, 28 de abril de 2017

Iria Misia


Este luns visitounos a escritora Iria Misia, flamante gañadora do premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016 có seu formidable libro "Xa non estou aquí". O libro conta dende un punto de vista coral a desaparición dunha rapaza, cunha narrativa moi fresca e un final sorpendente, e tivo un gran éxito entre o noso alumnado.





Mercado solidario.

Esta semá fixemos no insti un mercado solidario con libros donados por membros da comunidade escolar, có obxectivo de recadar cartos para o Banco de Alimentos e a Sociedade Protectora de Animais, e como sempre foi un éxito...
Aquí tedes algunhas imaxes!











jueves, 27 de abril de 2017

O noso compañeiro e artista, Primitivo Marcos, regalounos este precioso cartel para a Microrrede
 de Bibliotecas escolares da Mariña...
GRAZAS!

viernes, 7 de abril de 2017

ACTIVIDADE CLUB DE LECTURA DE SEGUNDO DE ESO

O pasado luns 27 de marzo de 2017 os alumnos do club de lectura de 2º da ESO coordinado polo profesor de Educación Física, Fran Basanta, realizaron unha nova actividade lúdico-cultural. A actividade consistíu  nunha ginkana literaria sobre o libro que están a ler, As lágrimas de Shiva, polo casco histórico da cidade de Viveiro. As gañadoras foron Emma e Cristina. 






A MARIÑA CON MOITA ARTE

Este ano a exposición conxunta dos centros educativos PLAMBE que forman a Microrrede da Mariña está adicada a todas as artes en xeral: fotografía, cine, pintura, escultura, arquitectura... No noso instituto pensamos como referencia en dúas obras do poeta "viveirense" Xoán Neira, Un niño no xardín e Nas varandas do abrente. Estes poemarios adicados a Viveiro e a súa contorna trasládannos a lugares coñecidos como O pozo da ferida ou o Monte Castelo e semérxennos na natura para vivila e disfrutala. 

Os alumnos de 1º e 2º da ESO elixiron cadanseu poema para ilustralo cun mosaico e realizar a exposición conxunta que estará no corredor da biblioteca e no superior ata finais de abril. Xa en maio, do 8 ao 11, estará como todos os anos na Sala Multiúsos do Concello e na Biblioteca municipal. 

Aquí vos deixo cunha pequena mostra destes traballos tan logrados. 













viernes, 3 de marzo de 2017

ENTROIDO 2017

O venres 24 de febreiro celebramos o entroido durante as dúas últimas horas de clase. Este ano coa temática "Personaxes de película, un entroido de cine". O desfile estivo organizado nesta ocasión polas alumnas de 2º do Ciclo de Administración e Finanzas que se encargaron de seleccionar a música e as imaxes que acompañaron aos participantes no concurso de disfraces e que elaboraron o decorado do fotocol. Houbo tres premios individuais e tres para as comparsas. Aquí vos deixamos todas as fotos dese día.