"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
miércoles, 23 de mayo de 2018
lunes, 21 de mayo de 2018
ENTREGA DE PREMIOS
O coordinador do Club de lectura de 2º de ESO, Fran Basanta, fixo entrega duns detalles ás gañadoras do concurso "Vídeos para recomendar libros": Eva, Andrea, María Li e Yanira.
NOVO CONCURSO DA BIBLIOTECA
Nesta ocasión os participantes teñen que relacionar os dez libros propostos cos profesores do equipo de biblioteca que os recomendan. O gañador obterá 50€ en metálico.
miércoles, 16 de mayo de 2018
Maria Victoria Moreno no Bibliomasa
O noso retratista particular Primitivo Marcos agasallounos con este regalo para conmemorar o día das Letras Galegas.
jueves, 10 de mayo de 2018
Concurso de fotografía
Imos facer un concurso de fotografía có tema Fontes e Lavadeiros da bisbarra de Viveiro, para completar o traballo que este ano fixemos para o programa "Voz Natura" de La Voz de Galicia...
Animádevos e concursade!!!
Animádevos e concursade!!!
Ledicia Costas no Maria Sarmiento
Esta semán invitamos ó noso centro á gran escritora Ledicia Costas que tivo unha charla moi interesante cós alumnos de 1ª da ESO e de 1º de Bacharelato.
Aquí tedes uns recordos desa visita!
Aquí tedes uns recordos desa visita!
martes, 8 de mayo de 2018
miércoles, 25 de abril de 2018
Outra recomendación...
María Li e Andrea Dovale do clube de lectura de 2º da ESO nos recomendan o libro "O xogo de Babel" de Elena Gallego Abad... Facédelle caso!!!
O María Sarmiento na microrrede de Bibliotecas Escolares
Este ano o traballo conxunto da Microrrede da Mariña de Bibliotecas Escolares leva por título: «A Mariña pensando en feminino»
O noso Instituto traballou sobre as mulleres da familia e mulleres importantes ao longo da historia.
A exposición conxunta farase na sala do Concello e na Biblioteca municipal do 7 ao 10 de maio para celebrar as Letras Galegas.
O noso Instituto traballou sobre as mulleres da familia e mulleres importantes ao longo da historia.
A exposición conxunta farase na sala do Concello e na Biblioteca municipal do 7 ao 10 de maio para celebrar as Letras Galegas.
martes, 24 de abril de 2018
Commemorando o dia do libro... (2)
O noso compañeiro de Latín e Grego, o clásico Ricardo Quevedo, fixo onte unha lectura da Odisea cós seus alumnos de 4º de ESO... Ahí vai unha mostra!
Commemorando o dia do libro... (1)
Onyte fixemos o mercado de libros solidario coa intención de recadar cartos para Gadoupas, a asociación protectora de animais de Viveiro. Recadamos 200 euracos, todo un éxito.
Moitas grazas a todos, ós doantes dos libros, ós compradores e ós colaboradores na actividade!
Moitas grazas a todos, ós doantes dos libros, ós compradores e ós colaboradores na actividade!
viernes, 13 de abril de 2018
Lé con nos... Os alumos de 2º e 3º de ESO recomenda libros.
o noso alumnado está empeñado en que leamos... Aquí tedes as primeiras recomendacións...
Eva
martes, 27 de febrero de 2018
Novo encontro "Falame da emigración"
Hoxe os alumnos de 1º ESO A e 1º ESO D recibiron a unha visita moi especial, uns viciños de Viveiro que lles falaron da emigración, nuns encontros que xa van polo 3º ano e que seguro que van a seguir... Unha experiencia inolvidable!
Miguel Anxo Fernández no María Sarmiento
O cineasta e escritor Miguel Anxo Fernández visitounos ós alumnos de 4º de ESoe 1º de Bach para falar da súa novela "Blues para Moraima"...
viernes, 16 de febrero de 2018
Os alumnos dos clubes de lectura de 2° e 3° da Eso do IES María Sarmiento puideron compartir unha hora de coloquio con María Donapetry, autora do libro ambientado en Viveiro «Hotel Villadolores. Instantáneas».
María falou do seu avó, que lle dá nome a unha praza da nosa cidade, e de cómo se baseou nos seus recordos de infancia como veraneante da praia de Covas.
Asturiana de nacemento e profesora durante anos nas Universidades de California y Oxford, segue visitando Viveiro asiduamente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















































