O noso clube de lectura xa comezou a andar. Na reunión do pasado venres decidimos que no primeiro trimestre imos ler "La ciudad de las bestias" de Isabel Allende.
É unha fermosa historia de aventuras na Amazonia brasileña, que dá comezo a unha triloxia moi recomendable. Quedamos en facer unha primeira reunión á volta de vacacións para ir contrastando os primeiros puntos de vista sobre esta novela.
Apuntámonos 4 profes e 15 alumnos que de entrada parece que teñen moitas ganas de comezar esta andaina.
Tamén quedamos en seguir utilizando o noso clube de lectura virtual, "O burato dos libros".
Visitádenos!
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
jueves, 18 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario