Que quen é POE?
Nin máis nin menos que o renovador da novela gótica (ou de terror), e o inventor das novelas detectivescas e do xénero da Ciencia Ficción.Como vedes naceu no ano 1809 ou sexa fai 200 anos e polo tanto estamos celebrendo o bicentenario dese feito.
Para facelo imos expoñervos os libros que temos na Biblioteca deste autor que como poderedes ver ten obras traducidas a tódolos idiomas.
¿Cales son as máis famosas? Pois hainas de tódolos xéneros…
Por suposto “O escarabello de ouro” (tesouros escondidos), “Os crimes da rúa Morgue” (novela de misterio e detectives), “A caída da Casa Usher” (terror), “As aventuras de Arthur Gordon Pym” (aventuras no mar)…
Animádevos e levade algún destes libros para casa. Son moi doados de ler xa que se trata contos breves (salvo “As aventuras de Arthur Gordon Pym” que é un pouco máis longo).
E tamén temos una novela de detectives que se basea na súa vida… “La sombra de Poe”
No hay comentarios:
Publicar un comentario