"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

lunes, 18 de octubre de 2010

Concursos!

Xa temos convocados os dous primeiros concursos deste ano.
O primeiro é un concurso de microrrelatos de terror. Xa sabedes, a metre medo ós demáis compañeiros coa vosa imaxinación. Tedes de prazo para entregar o voso conto ata o 1 de decembro de 2010. Non vos despistedes e facedeo antes de que empecen os exames. Mirade a convocatoria neste enlace.

Tamén convocamos un  concurso para facer marcapáxinas. Xa sabedes que os marcapáxinas ganadores serán usados por toda a comunidade escolar a partir do 2º trimestre. Consultade as bases neste enlace.

No hay comentarios: