"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

sábado, 2 de mayo de 2015

DÍA DO LIBRO: MERCADO SOLIDARIO.

Polo Día do Libro, 23 de abril, que este ano 2015 caeu a xoves, decidimos facer un mercado solidario. Todo o mundo podía doar os libros que quixera, que lle sobraban na casa ou dos cales non lle importara desfacerse. Ese día durante toda a mañá vendéronse os libros a 2€ e recadáronse un total de 320€ que foron repartidos entre o Refuxio de Anmiais de Lugo e o Banco de alimentos de Viveiro. Puidéronse mercar 20 sacos de pienso para os cans, uns 200 kg que axudarán a manter a todos estes animais sen fogar dos que hoxe ninguén se acorda e que nos malos tempos que corren reciben poucas axudas. Con respecto ao Banco de Alimentos de Viveiro, solicitaron catro produtos que para eles hoxe son de primeira necesidade. Compramos 96 libros de leite, 60 latas de bonito, 12 botes de cacao e 72 botes de tomate frito. Moitas gracias a tod@s pola vosa participación e colaboración. A xente que o necesita hoxe estará un pouco mellor gracias á vosa contribución. 


No hay comentarios: