"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

sábado, 2 de mayo de 2015

A CENICIENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES

COMO NOTA INFORMATIVA PARA OS MEMBROS DOS CLUBS DE LECTURA DA ESO, RECORDÁMOSVOS QUE ESTE MÉRCORES DÍA 6 DE MAIO ÁS 10'10H (3ªHORA DE CLASE), OS ALUMNOS DE 1º, 3º E 4º QUE PERTENZAN AOS CLUBS DE LECTURA DEBEN IR Á SALA DE AUDIOVISUAIS PARA UNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE A LINGUAXE SEXISTA NA PUBLICIDADE E A SÚA REPERCUSIÓN NOS VALORES DA SOCIEDADE ACTUAL.
O XOVES 7 ÁS 18'30 OS ALUMNOS DOS 4 CLUBS ACUDIRÁN Á SALA DE AUDIOVISUAIS PARA VER A PELÍCULA AS MULLERES DE VERDADE TEÑEN CURVAS E O CÓMIC DAS FOTOGRAFÍAS A CENICIENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES.

E XA POR ÚLTIMO, O MARTES 19 DE MAIO XUNTARÉMONOS CO ALUMNADO DO IES DA PONTENOVA PARA INTERCAMBIAR AS NOSAS OPINIÓNS SOBRE TODO ESTE MATERIAL QUE ESTAMOS A COÑECER E REALIZAR ALGUNHAS ACTIVIDADES CONXUNTAS.

DÍA DO LIBRO: MERCADO SOLIDARIO.

Polo Día do Libro, 23 de abril, que este ano 2015 caeu a xoves, decidimos facer un mercado solidario. Todo o mundo podía doar os libros que quixera, que lle sobraban na casa ou dos cales non lle importara desfacerse. Ese día durante toda a mañá vendéronse os libros a 2€ e recadáronse un total de 320€ que foron repartidos entre o Refuxio de Anmiais de Lugo e o Banco de alimentos de Viveiro. Puidéronse mercar 20 sacos de pienso para os cans, uns 200 kg que axudarán a manter a todos estes animais sen fogar dos que hoxe ninguén se acorda e que nos malos tempos que corren reciben poucas axudas. Con respecto ao Banco de Alimentos de Viveiro, solicitaron catro produtos que para eles hoxe son de primeira necesidade. Compramos 96 libros de leite, 60 latas de bonito, 12 botes de cacao e 72 botes de tomate frito. Moitas gracias a tod@s pola vosa participación e colaboración. A xente que o necesita hoxe estará un pouco mellor gracias á vosa contribución. 


LIBROS VOADORES

DESPOIS DE FACER UN EXPURGO NA BIBLIOTECA DE TODOS AQUELES LIBROS VELLOS QUE XA NON SE EMPREGABAN PORQUE QUEDARAN OBSOLETOS, DECIDIMOS COLGALOS DO TEITO DA ENTRADA AO INSTITUTO PARA DECORALA UN POUCO E ANIMAR A TODO O MUNDO Á LECTURA.

MOTIVANDO AO ALUMNADO

Nestes últimos días do mes de abril de 2015 tamén colocamos polos corredores do IES María Sarmiento pósters con lemas motivadores para animar ao noso alumnado a estudiar e a ser forte ante as adversidades. Esperamos que vos gusten.







viernes, 1 de mayo de 2015

O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO

Como todos os anos, as bibliotecas dos centros educativos de Viveiro, Xove e Cervo xuntámonos para realizar un traballo conxunto de alumnado, familias e profesores. Trátase de fomentar a lectura e recordar a cultura popular. Nesta oacsión decidimos facerlle unha homenaxe ao refraneiro da zona e así reflexionar sobre esas rimas sinxelas que levan sempre tanta razón nas súas afirmacións. Aquí tedes unha mostra dos murais deste ano.





A exposición estará no corredor da biblioteca do IES María Sarmiento ata o venres 8 e xa durante a semana seguinte na sala de exposicións do Concello compartindo protagonismo co resto dos centros.

A exposición na sala do Concello estará aberta todas as tardes de 18 a 20h con actuacións para os máis pequechos dos diferentes centros educativos. Este curso o María Sarmiento levará a Raquel Mariño de 2º de Bac A que interpretará vairas cancións de Disney. Convidámosvos a tod@s a acompañarnos.


 Os traballos que estades a ver foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO do IES María Sarmiento.



Os mellores recibirán un agasallo da Biblioteca a partir do día 11 de maio. 


 Este ano a mascota da biblioteca tamén terá moito protagonismo na exposición conxunta do martes 12 ao venres 15 de maio de 2015.




















domingo, 22 de marzo de 2015

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O SÍNDROME DE ASPERGER

Os rapaces de 2º da ESO que pertencen ao club de lectura dese nivel recibiron unha charla informativa sobre o trastorno autista Ásperger. A charla foilles de gran axuda para comprender mellor o libro que están a ler: Incidente do can a media noite.