"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 1 de mayo de 2019

FACENDO REPASO DESTE CURSO

Como todos os anos o alumnado puido atopar nas estanterías específicas todas as lecturas obrigatorias de Literatura Galega e Castelá, así como as de Inglés e Matemáticas e as obras propostas nos distintos Clubs de Lectura. Esperamos que foran suficientes os exemplares para tod@s e que sigades solicitando á biblioteca todos os libros que vos interese ler e que vos mercaremos encantados. 😁😁😁

Como todos os cursos tamén levamos a cabo na primeira avaliación a Formación de Usuarios, para recordarvos cómo está organizada a biblioteca e como se pode localizar un libro concreto nas diferentes seccións e información concreta dentro destes. Qué orgullo poder ser autónomo!!!


Seguimos tendo revistas especializadas á vosa disposición.


E libros de todas as especialidades que se imparten no IES. 

Obras sinxelas e infantís se queredes recordar vellos tempos ou lerlles aos irmáns pequechos.


E as últimas novidades que ides solicitando e que van enviando as editoriais. 

E o corcho da prensa das novas sobre a biblioteca que saen nos xornais.

Podedes seguir enterándovos das actividades que realizamos nas redes sociais, nos corredores do IES e na porta da biblioteca:


Este ano celebramos o Nadal coma sempre ao grande.

E por primeira vez fixemos un calendario literario da biblioteca para todas as aulas e grupos do instituto. 


E mostramos o camiño cara a biblioteca por todos os corredores do centro coas nosas pegadas poéticas, escribindo nelas textos en diferentes idiomas como homenaxe á literatura que está por todas partes.  

Ata que por fin nos atopamos cos lomos dos libros que decoran xa as escaleiras que suben ata a biblioteca. 

Para que veñades consultar internet e facer traballos aos nosos ordenadores...

Ou copiarlle os deberes aos compañeiros durante os recreos. 😉

No hay comentarios: