"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

miércoles, 15 de mayo de 2019

VISITA DE DAVID LOZANO

Onte martes 14 de maio estivo con nós David Lozano para falar da súa novela Descoñecidos. Durante hora e media xuntámonos no salón de actos os alumnos dos clubs de lectura de 3º e 4º do IES María Sarmiento, os alumnos de 3º do IES Vilar Ponte e os alumnos de 4º do IES de Foz. A verdade é que o autor, a pesar de estar recén chegado de Perú e enfermo, fíxonos pasar un rato moi divertido e entretenido falándonos da verosimilitude nas súas novelas policiacas e de cómo ten que documentarse coa policía e os médicos forenses para ser o máis fiel posible á realidade. Deunos unha charla interesantísima e quedamos moi agradecidos. 



E despois os rapaces de Foz e os nosos achegáronse á praia durante un par de horas para realizar xogos en equipos e probas varias. Xantaron ás tres todos xuntos no parque Pernas Peón e ás tres despedíronse.




No hay comentarios: