"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

Buceade nunha posible biblioteca ideal grazas á
hiperfoto de JF Rauzier.
Visitade unha das nosas grandes fontes de inspiración, o blog
Nosololibros.
O noso incansable detective Primitivo Marcos segue a caza de comiqueiros que nos fagan adicatorias para o arquivo da biblioteca. Desta tacada conseguimos tres novos autores dos que ademáis conseguimos os seus libros. Trátase de:
Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"


Os estudios de animación Aardman (creadores de Wallace & Gromit entre outros) nos chega esta páxina sobre a protección do medio ambente a través duns estupendos curtametraxes (en inglés).
Disfrutade deles clickando
eiquí ...

O Centro Virtual Cervantes desenvolve esta campaña sobre o mal uso da linguaxe no periodismo actual en España. Así presentan eles a campaña:
"Esta exposición muestra los malos usos del idioma en los medios de comunicación: malentendidos provocados por erratas, errores sintácticos o gramaticales y usos incorrectos de las palabras, con los que se busca siempre la faceta más divertida y sorprendente."
Trátase dunha exposición feita por
Jesús Marchamalo no que se recollen recortes de prensa con errores hilarantes que o público enviou ó programa que presenta en TVE "Al habla".
De novo encontramos eta páxina en
Nosololibros.
IMPORTANTE
Non esquezades que a biblioteca tamén se toma vacacións no verán, pero podedes seguir levando documentos en préstamo, aínda que con algúns cambios ...
a) Dvd's
Tedes que devolver antes do día 15 tódolos dvd's que teñades. Os dvd's
non se prestan durante o verán.
b) O resto dos documentos
Ampliamos o número de documentos que podedes levar durante o verán. Son
5 documentos por persona. ¿A que esperades?