"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Aquí van as adicatorias que estes dous persoeiros nos fixeron de maneira especial.


O noso compañeiro
Primitivo compartiu mesa e mantel con dous dos máis importantes debuxantes de comic do noso país, o madrileño e mítico
Carlos Giménez e o galego
Fausto Isorna.
Tamén estaban Marina, Gemma e Ferdinando.
Por certo que eiquí tedes un
enlace a unha entrevista a Carlos Giménez con algo de video.