Os alumn@s de grego de 2º de BAC participaron na lectura internacional da lectura da Iliada este venres 22 de marzo. Aquí tedes os enlaces dos vídeos en Youtube:
https://youtu.be/FdfEVg80Q7M
https://youtu.be/IByMl9U9WjE
https://youtu.be/-wuzjtLHdl8
https://youtu.be/MGjvtcGpvkI
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
lunes, 25 de marzo de 2019
lunes, 18 de marzo de 2019
jueves, 14 de marzo de 2019
CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO
Os alumnos do Club de lectura de 2º de ESO están a recitar poemas da obra Instantánea de Carlos Negro antes da visita do autor. Estes vídeos elaborados polos rapaces serán enviados a un proxecto colaborativo con portugal.
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 2º DE BAC
Hoxe
o clube de lectura de 2° Bac xuntouse no recreo para achegarse ao mundo
do mergullo da man de Iván Barros. Iván é presidente do clube
Mergullo de Celeiro e instrutor de mergullo deportivo. Explicounos en
qué consisten os bautismos de mergullo, técnicas básicas para mergullo
en aguas libres e pouco profundas e o equipamento e o seu funcionamento.
Tamén puidemos ver fotografías da fauna mariña da ría de Viveiro. E é
que ás nosas seis intrépidas lecturas van a mergullar en Area a final de
curso, cando a auga estea un pouco máis quente.
miércoles, 6 de marzo de 2019
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
DESDE A BIBLIOTECA DO MARÍA SARMIENTO QUEREMOS PRESENTARVOS AS INFOGRAFÍAS DE TRES MULLERES NOTABLES NA HISTORIA QUE SON UN EXEMPLO DE LOITA E FEMINISMO HOXE E SEMPRE.
A INVESTIGAVIÓN XENÉTICA DE MARGARITA SALAS
O ACTIVISMO DE MARÍA REIMÓNDEZ
MONSERRAT CABALLÉ
viernes, 1 de marzo de 2019
Lectura de textos clásicos na Domus
Os alumnos de Ricardo Quevedo foron á residencia Domus a facer unha lectura de textos clásicos. Foi unha experiencia moi interesante!
Clube de lectura de profes
O domingo 24 de febreiro o clube de lectura de profes realizou o roteiro pola comarca de Santa Eulalia de Oscos e a Fonsagrada para visitar a casa natal do Marqués de Sargadelos.
Dia de Rosalia
Os alumnos de 1º de ESO fixeron lapbooks para o dia de Rosalía: traballaron a morfoloxía e o comentario de texto a través dun poema de Follas Novas: "Tanto e tanto nos odiamos".
No 1º Ciclo achegáronse á poesía desta autora do Rexurdimento e crearon ilustracións sobre a autora...
No 1º Ciclo achegáronse á poesía desta autora do Rexurdimento e crearon ilustracións sobre a autora...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)