Os alumnos do club de lectura de poesía que traballaron os photopeach con Sabela Barcón, déixannos aquí unha mostra do seu esforzo.
Jorge:http://photopeach.com/embed/13uu8lg
Miguel: http://photopeach.com/embed/s5fptd
Noa: http://photopeach.com/embed/a4widn
Ana: http://photopeach.com/embed/kbc5wt
Jaime: "http://photopeach.com/embed/a4widn
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
jueves, 23 de junio de 2016
ACTIVIDADE FIN DE CURSO
O último día de clase, mércores 22 de xuño, algúns alumnos dos clubs de lectura de 2º, 3º e 4º da ESO foron xogar ao paintball para celebrar o fin de curso e a súa participación nos distintos clubs de lectura.
ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA "NOVELA FANTÁSTICA"
Os alumnos de 4º da ESO Diego, José e Xoel do Club de Lectura Novela Fantástica, que leron este curso Donde los árboles cantan de LAURA GALLEGO, gravaron unha pasaxe do libro.
sábado, 11 de junio de 2016
AS OBRAS DE ARTE DE PRIMITIVO MARCOS
Xa temos colocados no centro os debuxos do profesor de inglés Primitivo Marcos. Como todos os cursos, Primi retratou ao homenaxeado das Letras Galegas. Ademais, nesta ocasión, quixo caracterizar á mascota da biblioteca Bibliomasa como numerosas personaxes literarias.
OUTRAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO
Nun dos club de lectura de 1º da ESO limos durante a primeira avaliación a obra O Doutor Jekyll e Míster Hyde. É unha obra difícil para alumnos desta idade, polo que non lles gustou e rexeitámola para vindeiras ocasións. O que si lles gustou foi a película baseada na novela que leva por nome Mary Reilly e que remataron de ver nas súas casas despois de visionar unha pasaxe no centro. Relacionadas con este libro fixemos tamén dúas actividades máis. Os alumnos disfrazáronse por Halloween do mounstruo Mr. Hyde e participaron no festival de Nadal con postres terroríficos.
miércoles, 8 de junio de 2016
EN XUÑO, ÚLTIMAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA
Na imaxe superior temos a varios membros do Club de Lectura de Medo e Terror visionando parte da curtametraxe Sobre a morte de Bieito baseada nun relato de Rafael Dieste
Aquí temos aos membros do Club de Lectura Novela Histórica.
Arriba os alumnos de 3º da ESO que leron este curso Makinaria de Carlos Negro. Nas fotos podemos velos traballando nos obradoiros de poesía que a profesora Sabela Barcón preparou para eles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)