"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de noviembre de 2010

"El Quijote" revisitado

A Biblioteca Nacional pon á nosa disposición un Quijote interactivo cun montón de recursos asociados que nos ofrecen unha nova e rica forma de acceder a este libro. Probade!

sábado, 8 de mayo de 2010

!Esto si que é unha biblioteca...¡

O outro dia coñecimos a existencia desta tremenda actividade cultural en Colombia. É unha idea do profesor Luis Humberto Soriano, o biblioburro, para extender a posibilidade de ler a esa morea de aldeas colombianas que non tiñan ningunha posibilidad de acceder á lectura.
É maravilloso ver non só o esforzo do profesor senón tamén o entusiasmo dos nenos e e nenas e as súas familias.
Da un pouco de envexa cando miramos o que sucede no noso mundo privilexiado.
Sorte compañeiros e boas lecturas ...
































Acabo de atopar en Nosololibros unha vella película británica na que atopamos outra libraría moi orixinal que enseguida (salvando as distancias!) me recorda ó biblioburro.

Bibliorrio?

miércoles, 17 de marzo de 2010

Deixounes Miguel Delibes!



Faleceu este fin de semán un dos máis grandes escritores españois dos últimos tempos, Miguel Delibes.
Da súa inxente e variada obra temos na nosa biblioteca moitos exemplares. ¿Que mellor momento que este para ler ou reler algunhas destas obras?
Disfrutade do seu legado para que siga vivindo entre nos...

jueves, 12 de noviembre de 2009

Gústanos ler!!

¿Por qué?


POde ser a hora de repasar algunhas páxinas vellas do blog...

lunes, 9 de noviembre de 2009

Clube de lectura: "El baile"

Comeza unha nova andaína do noso clube de lectura "O burato dos libros".
Este ano faremos tres grupos de lectura, un de primeiro da ESO, outro para os alumnos de 2º da ESO e un terceiro para o resto.
Para este último grupo (3º e 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos), neste primeiro trimestre imos ler o libro "El baile" de Irene Nemirovsky. Xa podesdes pasar a recollelo pola biblioteca do noso centro.
Nesta páxina vos iremos indicando cales son as lecturas dos outros dous grupos e cando temos os libros á vosa disposición na biblioteca.

Ah! Lembrádevos de pasar pola biblioteca para facer o carnet do clube de lectura aqueles que non o teñades feito.
Unha aperta ...

martes, 20 de octubre de 2009

Reunión do clube de lectura


Quedades todos convocados para reunirnos o xoves, na hora do recreo, na biblioteca, para comezar unha nova andaína do noso clube de lectura "O burato dos libros"... Acudide!

miércoles, 24 de junio de 2009

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN!



Aquí tedes unha serie de recomendacións para ler no verán. Pasádevos pola biblioteca e collede os libros que queirades...

lunes, 18 de mayo de 2009

Edgar Allan Poe na Biblioteca...

Que quen é POE?

Nin máis nin menos que o renovador da novela gótica (ou de terror), e o inventor das novelas detectivescas e do xénero da Ciencia Ficción.
Como vedes naceu no ano 1809 ou sexa fai 200 anos e polo tanto estamos celebrendo o bicentenario dese feito.
Para facelo imos expoñervos os libros que temos na Biblioteca deste autor que como poderedes ver ten obras traducidas a tódolos idiomas.
¿Cales son as máis famosas? Pois hainas de tódolos xéneros…
Por suposto “O escarabello de ouro” (tesouros escondidos), “Os crimes da rúa Morgue” (novela de misterio e detectives), “A caída da Casa Usher” (terror), “As aventuras de Arthur Gordon Pym” (aventuras no mar)…
Animádevos e levade algún destes libros para casa. Son moi doados de ler xa que se trata contos breves (salvo “As aventuras de Arthur Gordon Pym” que é un pouco máis longo).
E tamén temos una novela de detectives que se basea na súa vida… “La sombra de Poe”

martes, 30 de septiembre de 2008

Letra e música

Escoitade e ollade este videoclip do grupo arxentino "El cuarteto de nos" e a súa canción "Ya no sé que hacer conmigo". Coñecímolo grazas a ANB.

A nos lembrounos este outro clip de fai uns anos que tamén é otra forma de extraer o máximo de significados dalgo tan simple como un envase de Coca-Cola. Neste caso unha imaxe vale moito máis que mil palabras. En ambos casos a lectura de imaxes e palabras é un traballo fundamentalmente creativo. Disfrutade del se non o coñeziades.