Este mércores foi a primeira emisión da radio do IES Maria Sarmiento! Fixeronno posible o alumnado de 1° e 2° da ESO. Neste primeiro programa. explicaron que a radio xurde do proxecto amigo, na que tratamos de loitar contra o acoso escolar.
Tamén fixeron unha selección de cancións para animar o recreo, e animaron a todas as persoas que queiran, a pedir cancións e facer adicatorias. Como? Deixando as suxerencias no buzón da cafetería de Víctor.