"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
O recientemente creado grupo de colaboradores da biblioteca, celebrou o Día de Rosalía. Este grupo formado por nove alumnos, dúas nais e dúas profesoras, atópase dentro do programa VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Os alumn@s de 1º da ESO son Rosalía Fernández, Laura Rubal e Valeria Fernández; de 2º da ESO Ivana Polo; de 3º da ESO Antía Fernández, Andrés Paleo e Bianca Livanov; e, por último, do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, Cecilia Duarte e Dana Moisa.
Para celebrar este día tan sinalado, os alumnos elaboraron uns robots que fusionan a literatura tradicional galega co futuro.
Aquí queda o enlace para ver a montaxe en torno a esta celebración:
http://acrapulada.blogspot.com.es/
Un ano máis a biblioteca convocou un concurso de disfraces para o alumnado de todo o centro. Nesta ocasión a temática era "Cadros famosos de todos os tempos". O concurso superou calquera previsión en número e calidade, por iso queremos agradecervos a todos os participantes a vosa imaxinación e alegría. Sodes fantásticos, rapaces. Neste enlace podedes ver todas as fotos das dúas estupendas horas que nos fixéstedes pasar.
Nesta semana previa ao entroido tamén se celebraron a maioría das reunións dos diferentes clubs de lectura, como esta de 2º da ESO.
Este xoves 4 de febreiro de 2016 visitounos o escritor vigués Pedro Feijoo. Durante dúas horas tivemos o pracer de contar coa súa compaña e de falar da súa traxectoria como estudante na facultade de Filoloxía Galega e as súas experiencias como músico dos grupo Los Feliz e Lamatumbá. Pero, sen dúbida, o que máis interesou aos nosos alumnos de 1º de bacharelato foron as anécdotas relacionadas coa súa novela Os fillos do Mar que tiveron a oportunidade de ler na 1ª avaliación.