"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

domingo, 27 de marzo de 2016

LA VIDA EN LA PUERTA DE LA NEVERA

Os alumnos de 1º da ESO B e C tamén leron esta semana previa ás vacacións de Semana Santa o libro La vida en la puerta de la nevera. Como se trata dun libro moi breve no que aparece unha nota en cada páxina, léese moi rápido. Trátase dunha novela orixinal na que se intercambian breves mensaxes unha nai e unha filla de 15 anos. A pesar de ser un libro moi curto, toca a enfermidade do cancro de mama que afecta a tantas mulleres e tamén nos fai reflexionar sobre a vida estresante que levamos e que nos impide difrutar de máis tempo cos nosos seres queridos. Sobre este e outros temas, falaron os rapaces de 1º da ESO e tamén escribiron os seus propios possit adicados aos seus pais. 

REUNIÓN CLUB DE LECTURA 1º DA ESO

Esta semana previa ás vacacións de Semana Santa tamén se reuniron os alumnos de 1º da ESO para ler e charlar sobre os libros propostos para a segunda metade do curso. Nesta ocasión o libro que comenzamos a ler é o famoso Mi hermana está sobre la repisa de la chimenea. De momento está resultando unha obra divertida e triste á vez, pero moi interesante e que engancha ao lector desde o principio. 


REUNIÓN CLUB DE LECTURA 1º BAC

O xoves 17 de marzo reuníronse as integrantes do club de lectura de Positividade para falar sobre a obra que estiveron a ler Las gafas de la felicidad. A súa coordinadora, Yolanda Fernández, púxolles un vídeo do autor e psicólogo Rafael Santandreu e falaron sobre a fortaleza emocional e o optimismo ante a vida. Yolanda tamén lles propuxo interesantes actividades para marcarse obxectivos e cumplilos con facilidade. 


lunes, 14 de marzo de 2016

SEGUIMOS A CELEBRAR O MES DA MULLER

Aquí tedes máis murais sobre grandes mulleres da historia.




E carteis conmemorativos para sentirnos orgullosas de ser mulleres.



 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA "HISTORIAS DE MEDO E MISTERIO"

Nova reunión para falar da obra Cando petan na porta pola noite de XABIER DOCAMPO. O club de lectura Historias de medo e misterio está coordinado pola profesora de galego Mercedes López. Forman parte del alumnas de 4º da ESo e 1º de BAC.

MARZO 2016: CELEBRAMOS O MES DA MULLER.

Grande será o día en que xa non teñamos que adicar un mes á muller porque a situación esté "normalizada" en todo o planeta. Mentres, dende a biblioteca, tratamos este mes de salientar a figura de grandes mulleres da historia que tiveron que loitar contra a sociedade e o sistema para facer o que máis lles gustaba a pesares do seu xénero.





Organizaremos un concurso para que toda a comunidade educativa se achegue a ler as súas interesantes historias e poida responder a varias cuestións sobre as súas vidas.

 

martes, 1 de marzo de 2016

TRABALLANDO COA PRENSA

En 1º da ESO estivemos seleccionando noticias de diferentes xornais para traballar con elas. Tratábase dunha busca de información e traballo colaborativo que despois expuxemos oralmente.

ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA 1º DE ESO

Os alumnos de 1º da ESO leron a obra La vida en la puerta de la nevera, que resultou de grande interese pola súa orixinalidade, xa que descubrimos a vida dunha nai e a súa filla a través dos possits que se deixan la neveira. 
Primeiro falamos do que nos ensinou o libro sobre as relacións persoais e sobre afrontar os problemas da vida e despois puxemos por escrito nun possit aquelas palabras que non podiamos deixar de dicirlle aos nosos pais.