"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

viernes, 23 de mayo de 2008

Arte na rúa

Dende o blog MESTURAS, chéganos o traballo videográfico "Mutu" do artista Blu. Có leit-motiv dos graffitti aparece unha creación artística absolutamente orixinal. Gozade!

martes, 20 de mayo de 2008

FINAL LIGA FÚTBOL SALA (Categoría sénior)















Hoxe no recreo xogouse a final da liga de fútbol sala masculina (categoría senior). Os dous equipos que xogaron, “Antonio de Mañón y sus amigos” e “A Potencia de Celeiro”, amosaron, cun excelente xogo ó longo do campionato, porque disputaban esta final. O partido comezou moi mal para os de “Antonio de Mañón y sus amigos”, posto que a confusión coa cor dunha camiseta puxo un gol na súa contra. “A potencia de Celeiro”, lonxe de conformarse ou ralentizar a disputa, continuou cun excelente xogo de equipo e conseguiu os seus frutos cun segundo gol. Tocaba mover ficha ós de “Mañón” posto que o partido complicábase. E responderon. Un gol practicamente de seguido ó que acababan de recibir reducía as distancias. Xa na segunda parte, “Antonio de Mañón y sus amigos”, lograban o empate, e a partir de aí, o peso de xogo caeu sempre do lado deste equipo que ía amosando unha lixeira superioridade. Un gol en propia meta da “Potencia de Celeiro” esbaratou a posible remontada e púxolle máis fácil o partido aos seus oponentes. Cun marcador final de cinco goles a tres, rematou un partido vibrante que, sin dúbida algunha, puxo a nota de calidade deste campionato 2007-2008 do IES María Sarmiento.



Nos tamén "Queremos tanto a Julio"

De Trafegando ronseis recibimos este video sobre un conto de Cortazar. Hai un problema que é que non entendemos moito, ¿ou sí?
Disfrutádeo


Por certo aquí tedes o brevísimo conto orixinal

Como no le melga nada que la contradigan, la señora Fifa se acerca a la Tota y ahí nomás le flamenca la cara de un rotundo mofo. Pero la Tota no es inane y de vuelta le arremulga tal acario en pleno tripolio que se lo ladea hasta el copo.

– ¡Asquerosa! – brama la señora Fifa, tratando de sonsonarse el ayelmado tripolio que ademenos es de satén rosa. Revoleando una mazoca más bien prolapsa, contracarga a la crimea y consigue marivorearle un suño a la Tota que se desporrona en diagonía y por un momento horadra el raire con sus abrocojantes bocinomias. Por segunda vez se le arrumba un mofo sin merma a flamencarle las mecochas, pero nadie le ha desmunido el encuadre a la Tota sin tener que alanchufarse su contragofia, y así pasa que la señora Fifa contrae una plica de miercolamas a media resma y cuatro peticuras de esas que no te dan tiempo al vocifugio, y en eso están arremulgandose de ida y de vuelta cuando se ve precivenir al doctor Feta que se inmoluye inclótumo entre las gladiofantas.

– ¡Payahás, payahás! – crona el elegantiorum, sujetirando de las desmecrenzas empebufantes. No ha terminado de halar cuando ya le están manocrujiendo el fano, las colotas, el rijo enjuto y las nalcunias, mofo que arriba y suño al medio y dos miercolanas que para qué.

– ¿Te das cuenta? – sinterrunge la señora Fifa.

– ¡El muy cornaputo! – vociflama la Tota.

Y ahí nomás se recompalmean y fraternulian como si no se hubieran estado polichantando más de cuatro cafotos en plena tetamancia; son así las tofitas y las fitotas, mejor es no terruptarlas porque te desmunen el persiglotio y se quedan tan plopas.

viernes, 16 de mayo de 2008

CLASES DE AERÓBIC PARA OS DE 1º BACHARELATO


Hoxe, despois do recreo, visitounos SIRA MARTINEZ, monitora de Aeróbic que na actualidade traballa na piscina municipal. Así, a clase de EDUCACIÓN FÍSICA, para os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, foi un pouco diferente. Sobre todo, porque poideron comprobar que isto do Aeróbic non é ningunha broma e a camiseta sudase de verdade.

miércoles, 14 de mayo de 2008

Visitounos Xaquín Marín
























Visitounos o gran debuxante Xaquín Marín como acto previo á inauguración dunha exposición sobre o humor no mundo con fondos provintes do Museo do humor de Fene.
Como non podía ser menos despois dunha breve introducción comezou a acompañar as súas palabras cós debuxos que ía facendo espontaneamente no esceario. Nas fotos seguintes teredes unha proba destes debuxos e da súa forma de traballar.
Fíxonos unha breve reseña do que ó seu entender debe ser o humor gráfico, ou o humor en xeral do que opina que hoxe abunda o humolr chabacán e escasea o humor intelixente, sobre todo na televisión. Tamén nos fixo un pequeno repaso á súa obra, explicando por exemplo quen era Gaspariño e porque o pintaba así. Díxonos que non era bo caricaturista e que ademáis tampouco lle gustaba facer un humor con temas de actualidade xa que para el é demasiado efímero, preferindo tocar asuntos máis "universais". Ante a pregunta sobre se utilizaba os medios informáticos no seu traballo respondeunos que o intentara pero que non lle resultara especialmente cómodo polo que volveu ó facer manual e así segue hoxe.
Se queredes ver máis obras súas clickade eiquí.

Kiko da Silva cazado...

O noso particula caza-adicatorias ten unha nova peza no zurrón. Trátase do gran debuxante Kiko da Silva coñecido pola súa serie sobre Fiz nos Biosbardos que apareceu no Golfiño ou ilustrando outras obras como Laia, a nena da illa de Ánxela Loureiro.
Por certo que Kiko da Silva tamén ten un blog se queres entrar nel clicka eiquí

martes, 13 de mayo de 2008

"Le mystere Picasso" de H. G. Clouzot

Acabamos de mercar na nosa biblioteca a película "Le mystere Picaso" de H. G. Clouzot.
É unha auténtica maravilla, xa que estamos diante da creación de arte por parte dun xenio como foi Picasso. Certo que non é de todo espontáneo (e polo tanto "real") xa que Picasso sabe que o están a filmar, o que xuntado có "narcisismo" deste artista fai que a película teña unha parte importante de lucimento do artista, pero... Pero esquezámonos desto e disfrutemos: estamos diante dun xenio e podemos observar en directo a súa forma de pintar.

"O Guernica" de Picasso en 3-D

Collido de "A Nosa Biblioteca" unha nova forma de ver e disfrutar desta maravillosa obra...


E xa postos, buceade nunha pintura chinesa en 3-D, algo estrano e exótico pero fermosísimo...

lunes, 12 de mayo de 2008

"2001, una odisea del espacio"

Seguimos no mes da Ciencia Ficción.
Se queres comprender algo mellor a historia da famosísima película de Stanley Kubrik ou da novela na que se baseou, que é de Arthur C. Clarke, observa a seguinte animación flash ...

Este mércores,... "Os mellores touchdowns da historia"



Se te gusta o deporte e aínda non sabes moito do chamado "maior espectáculo do mundo", achégate á biblioteca e poderás disfrutar este mércores dunha selección dos mellores touchdowns da historia do football americano.
Cartel

viernes, 9 de mayo de 2008

CIENCIA FICCIÓN

Non hai unanimidade á hora de falar de ciencia ficción, xa que este xénero e moi variado. Por exemplo nos excluímos da nosa selección aqueles títulos que facían máis referencia ó mundo da fantasía e que para outros tamén formarían parte da ciencia ficción.
Temos elaborado unha pequena guía sobre cales son ó noso entender os principais xeneros presentes no amplo abano do que entendemos como Ciencia Ficción. Se queredes podedes atopalo no seguinte pdf.
Disfrutade dun peueno anaco de "Días de cine" no que se fala do cine de Ciencia Ficción dos anos 80 e 90.

Agustín Fernández Paz no IES María Sarmiento

Nestre trimestre visitounos Agustín Fernández Paz quen ante un salón de actos cheo de alumnos nos falou un pouco de como fooi facendo ou como se lle foron ocurrindo as ideas para os seus libros.
Foi un rato bárbaro no que os alumnos disfrutaron enormemente. Vomo podedes ver ó remate un grupiño de alumnos quedou falando con el e mesmo adicou algúns dos seus libros.