"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
viernes, 24 de febrero de 2017
jueves, 23 de febrero de 2017
ACTIVIDADE CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO
O pasado sábado 18 de febreiro de 2017 visitamos a casa indiana de Fondón (Magazos) onde Agustín Fernández Paz situou os feitos de Cartas de inverno. Despois de ler esta novela e facer varias reunións para comentala, o coordinador do club, Fran Basanta, organizou unha actividade que non nos deixou indiferentes. Durante dúas horas coñecemos a casa colonial dos anos vinte que se atopa a entrada de Viveiro se nos acercamos á vila desde Lugo. Polas fotos, enseguida veredes de que casa estamos a falar.
Pronto comezamos a recorrer as distintas estancias da mansión e a sentir a súa maxia e o seu encanto.
De camiño ao faiado comezamos a escoitar ruídos estranos e apareceron polos diferentes cuartos notas de auxilio e socorro pedindo axuda. Coma no libro de Fernández Paz, ao chegar arriba puidemos ver a imaxe do cadro nun libro aberto. ¿Sónavos?
Rematamos a visita nos xardíns da casa e no embarcadoiro.
Temos que agradecerlle a Elena Pernas, unha das propietarias, a súa amabilidade e tempo e que nos mostrase documentación e libros que falan da historia desta maxestuosa casa e da súa familia e que moi pronto mercaremos para a biblioteca.
viernes, 17 de febrero de 2017
REUNIÓN CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO
Os alumnos de 1º de ESO están a ler Erik Vloger e os crimes do rei branco de BEATRIZ OSÉS. Vimos tamén un fragmento da película Harry potter e a pedra filosofal onde hai unha emocionanate partida de xadrez.
REUNIÓN CLUB DE LECTURA INTELIXENCIA EMOCIONAL
A profesora de Administración e finanzas, Yolanda Fernández
López, reuniuse cos alumnos do club de lectura para comentar o libro El mundo amarillo de ALBERT ESPINOSA e creador da película Planta Cuarta da que visionaron algúns fragmentos.
López, reuniuse cos alumnos do club de lectura para comentar o libro El mundo amarillo de ALBERT ESPINOSA e creador da película Planta Cuarta da que visionaron algúns fragmentos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)