"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

Buceade nunha posible biblioteca ideal grazas á
hiperfoto de JF Rauzier.
Visitade unha das nosas grandes fontes de inspiración, o blog
Nosololibros.
Como veredes clickando no
enlace xa estamos no mapa dos blogs das bibliotecas escolares de Galicia.
Acabamos de comezar pero entre todos pode que fagamos que esta andaina sexa grande e rica de verdade.
Xa sabedes, queremos comunicar e facer participar á maior cantidade de xente posible nas actividades ou nas posibilidades educativas, formativas e culturais da nosa biblioteca pero tamén deste enorme espazo virtual que é a web 2.0, na que estamos un gran número das bibliotecas escolares de Galicia pero tamén de todo o mundo, xunto con outros blogueiros que con esta ou outra "afición", colaboran de xeito altruísta con todos nos.