"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

viernes, 24 de abril de 2020

A MICRORREDE QUEDA NA CASA

Todos os cursos por estas datas realizábamos no instituto unha exposición elaborada polo alumnado de 1º da ESO para conmemorar o Día do Libro. Esa mesma exposición ía logo á Sala de Usos Múltiples e á Biblioteca do Concello de Viveiro polo Día das Letras Galegas dentro do Proxecto da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Dadas as circunstancias actuais de suspensión das actividades letivas por mor do Covid-19, a Microrrede elaborou un vídeo conmemorativo e de ánimo para o alumnado dos dezasete centros educativos integrantes. Esperamos que vos guste:



As actividades previstas para este curso pola Microrrede quedan aprazadas para o bindeiro ano e realizaranse na semana das Letras Galegas do 2021. 

23 de abril. DÍA DO LIBRO


FELIZ DÍA DO LIBRO!
Hoxe 23 de abril conmemórase o Día do Libro e por iso gustaríanos darvos a coñecer un servizo que a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ten dispoñible para toda a poboación mentres dure a corentena. Trátase de GaliciaLe, unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico onde poderás atopar libros, revistas, audiolibros e películas en galego e en castelán.
Como podo acceder?
  • Son socio/a da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: accede co usuario e contrasinal.
  • Non son socio/a: rexístrate e accede coas claves que recibirás. Finalizada a corentena disporás de 30 días para achegarte á biblioteca e solicitar o teu carné para continuar desfrutando de GaliciaLe.


Aproveita e segue gozando do pracer da lectura!