"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
O noso incansable detective Primitivo Marcos segue a caza de comiqueiros que nos fagan adicatorias para o arquivo da biblioteca. Desta tacada conseguimos tres novos autores dos que ademáis conseguimos os seus libros. Trátase de:
Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"



O noso particula caza-adicatorias ten unha nova peza no zurrón. Trátase do gran debuxante
Kiko da Silva coñecido pola súa serie sobre Fiz nos Biosbardos que apareceu no Golfiño ou ilustrando outras obras como
Laia, a nena da illa de Ánxela Loureiro.
Por certo que Kiko da Silva tamén ten un blog se queres entrar nel clicka eiquí