"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

lunes, 29 de diciembre de 2008

O festival de Nadal (I)

Un grupo de alumnas e alumnos do Instituto, dirixidos pola profesora de Língua castelá Marta Ramos, fixeron un espectáculo teatral o último día de clase de cuia primeira parte podedes ver algunha fotos. Tratouse de dúas breves obras teatrais có nexo común do misterio xa que ambas xiraban en torno a un misterio que o público tentaba resolver.
O público estivo expectante ante o traballo dos seus compañeiros, disfrutando como se duns profesionais se tratase...

jueves, 18 de diciembre de 2008

Clube de lectura

O noso clube de lectura xa comezou a andar. Na reunión do pasado venres decidimos que no primeiro trimestre imos ler "La ciudad de las bestias" de Isabel Allende.
É unha fermosa historia de aventuras na Amazonia brasileña, que dá comezo a unha triloxia moi recomendable. Quedamos en facer unha primeira reunión á volta de vacacións para ir contrastando os primeiros puntos de vista sobre esta novela.
Apuntámonos 4 profes e 15 alumnos que de entrada parece que teñen moitas ganas de comezar esta andaina.
Tamén quedamos en seguir utilizando o noso clube de lectura virtual, "O burato dos libros".
Visitádenos!

martes, 9 de diciembre de 2008

Reunión do Clube de Lectura "O burato dos libros"

Este venres reunirémonos no Salón de Actos na hora do recreo para organizar as actividades do vindeiro ano.
Animádevos!