"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

sábado, 25 de octubre de 2008

¡Noraboa Agustín!

Agustín Fernández Paz ganou o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra «O unico que queda é o amor», editada por edicións Xerais en galego e en español por Anaya.
Saúdamos con moito agarimo a este xenial escritor ó que coñecimos o pasado curso na conferencia que deu no noso instituto, e na que nos falou do proceso da creación das súas obras, de onde proceden as ideas, como se van modificando ó longo do proceso creativo ata que aparece esa nova xoia en forma de novela das súas mans.
E todo derrochando simpatía, comprensión e paciencia, facendo gala da súa antiga profesión de mestre, aínda que sen dúbida segue e seguirá sendo mestre xa que esa condición é algo que cando entra nun xa non da saído.
Unha aperta dende todos os alumnos e profesores do IES María Sarmiento de Viveiro.

Agustín Fernández Paz no catálogo da nosa Biblioteca

viernes, 17 de octubre de 2008

Concurso literario Nadal 2008



!Atentos¡
Xa está convocado o novo concurso literario (as súas bases están distribuídas polo instituto pero tamén podedes consultalas eiquí)
Non vos esquezades de que a data tope de entrega-los vosos escritos é o día 3 de Decembro...

miércoles, 8 de octubre de 2008

¿Quen dixo que a poesía non sirve para nada?

Tomade nota,e aprendede outra das moitas utilidades do que se aprende en clase ou en casa, ou na rúa,... xa que a poesía está en todas partes, só hai que descubrila... e logo saber usala.
de Mario Benedetti "Táctica y estrategia"

miércoles, 1 de octubre de 2008

Clases de Piragua

Comezamos as clases de Piragua para alumnos de 1º e 2º da ESO no Landro coa colaboración do Clube de Piragüismo Viveiro e dentro do marco do Plan Valora.

Cine histórico os mércores: "Shakespeare namorado"

Inauguramos hoxe a Sesión de Cine Histórico que poremos os primeiros mércores de mes ás catro da tarde, durante todo o curso. Hoxe proxectaremos no Salón de actos a película "Shakespeare namorado". Esta actividade está pensada para os alumnos de 4º da ESO, pero esteades todos invitados a disfrutar desta divertida e romántica película, ambentada na creación do drama "Romeo e Xulieta" por William Shakespeare.
Ollade de paso o catálogo de películas que temos tamén na nosa biblioteca baseadas en obras deste autor.
De momento aquí tedes o trailer da película (en inglés, pero tranquis a peli será en castelán) que veremos nesta primeira sesión: