Disfrutade con estas 75 imaxes formidables sobre o mundo da Ciencia Ficción.
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta Banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Banda deseñada. Mostrar todas las entradas
lunes, 17 de enero de 2011
miércoles, 27 de octubre de 2010
Exposición de Primitivo Marcos
Onte inaugurouse no concello vello de Viveiro unha exposición sobre o proceso creador do novo comic do noso compañeiro, que xirará en torno ó naufraxio do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena no ano 1810. Lembrade que estamos a conmemorar o 2º bicentenario deste naufraxio, que se produciu durante a Guerra de Independencia contra os franceses (un pouco de historia...!)
Nesta exposición asistiremos ás fases do proceso de creación dun comic, dende o xurdir da primeira idea (neste caso un encargo) como van aparecendo as imaxes, primeiro como un simple apuntamento ata que acadan a súa forma definitiva.
É un verdadeiro luxo ter un artista como é Primi no noso centro e unha gozada ver todos os ensaios que o levan a facer unha obra de arte como será este comic.
Mentras o comic non sae á venta, disfrutade de momento coas imaxes da presentación ad exposición.

miércoles, 18 de junio de 2008
Máis adicatorias
O noso incansable detective Primitivo Marcos segue a caza de comiqueiros que nos fagan adicatorias para o arquivo da biblioteca. Desta tacada conseguimos tres novos autores dos que ademáis conseguimos os seus libros. Trátase de:
Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"

Jacobo Fernández Serrano, autor de "Aventuras de Cacauequi"
Norberto, autor de "O castelo regadeira"
Victor Rivas, ilustrtador de "As crónicas de Gáidil"

miércoles, 14 de mayo de 2008
Visitounos Xaquín Marín

Visitounos o gran debuxante Xaquín Marín como acto previo á inauguración dunha exposición sobre o humor no mundo con fondos provintes do Museo do humor de Fene.
Como non podía ser menos despois dunha breve introducción comezou a acompañar as súas palabras cós debuxos que ía facendo espontaneamente no esceario. Nas fotos seguintes teredes unha proba destes debuxos e da súa forma de traballar.
Fíxonos unha breve reseña do que ó seu entender debe ser o humor gráfico, ou o humor en xeral do que opina que hoxe abunda o humolr chabacán e escasea o humor intelixente, sobre todo na televisión. Tamén nos fixo un pequeno repaso á súa obra, explicando por exemplo quen era Gaspariño e porque o pintaba así. Díxonos que non era bo caricaturista e que ademáis tampouco lle gustaba facer un humor con temas de actualidade xa que para el é demasiado efímero, preferindo tocar asuntos máis "universais". Ante a pregunta sobre se utilizaba os medios informáticos no seu traballo respondeunos que o intentara pero que non lle resultara especialmente cómodo polo que volveu ó facer manual e así segue hoxe.
Se queredes ver máis obras súas clickade eiquí.
Etiquetas:
Banda deseñada,
Conferencia,
humor,
Xaquín Marín
Kiko da Silva cazado...
O noso particula caza-adicatorias ten unha nova peza no zurrón. Trátase do gran debuxante Kiko da Silva coñecido pola súa serie sobre Fiz nos Biosbardos que apareceu no Golfiño ou ilustrando outras obras como Laia, a nena da illa de Ánxela Loureiro.Por certo que Kiko da Silva tamén ten un blog se queres entrar nel clicka eiquí
Etiquetas:
Adicatorias,
Banda deseñada,
Kiko da Silva
miércoles, 16 de abril de 2008
Os comiqueiros nos saúdan
O noso compañeiro Primitivo compartiu mesa e mantel con dous dos máis importantes debuxantes de comic do noso país, o madrileño e mítico Carlos Giménez e o galego Fausto Isorna.
Tamén estaban Marina, Gemma e Ferdinando.
Por certo que eiquí tedes un enlace a unha entrevista a Carlos Giménez con algo de video.
Etiquetas:
Banda deseñada,
Carlos Giménez,
Fausto Isorna
Suscribirse a:
Entradas (Atom)