"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de enero de 2011

Homenaxe a Pixar

Pixar é unha compañia estadounidense de animación froito da imaxinación dun dos grandes creadores actuais, Steve Jobbs, fundador da compañía Apple. Jobbs é o creador dos productos estrela de Apple, como o Imac, o Iphone, o Ipod ou o Ipad.
Pixar despois de revolucionar o mundo da animación foi vendida a Disney, e segue creando algúns dos máis fermosos títulos do cine recente: Buscando a Nemo, Up, Toy story,...
Disfrutade e recordade esos momentos máxicos:

miércoles, 24 de marzo de 2010

Boa Semá Santa

Pasádeo moi ben estas vacacións.
Esquecede as penas e preparádevos para o arreón final no que queda do curso. E para eso que mellor que asubiar e cantar cós Monthy Python este lado brillante da vida...

martes, 12 de enero de 2010

Reunión do clube de lectura "O burato dos libros"


Este mércores ás catro da tarde faremos a reunión aplazada no anterior trimestre, da lectura do libro "El baile". Irá acompañada da proxección da película "Diarios de la calle".

martes, 15 de diciembre de 2009

martes, 20 de octubre de 2009

Videocreación!

O cine e a música xuntas como nunca. Vaia traballo de edición de Ricardo Autobahn. Facede a proba de adeviñar cantas películas e series das que aparecen no video coñecedes.


















Aquí tedes as respostas ...




martes, 13 de mayo de 2008

"Le mystere Picasso" de H. G. Clouzot

Acabamos de mercar na nosa biblioteca a película "Le mystere Picaso" de H. G. Clouzot.
É unha auténtica maravilla, xa que estamos diante da creación de arte por parte dun xenio como foi Picasso. Certo que non é de todo espontáneo (e polo tanto "real") xa que Picasso sabe que o están a filmar, o que xuntado có "narcisismo" deste artista fai que a película teña unha parte importante de lucimento do artista, pero... Pero esquezámonos desto e disfrutemos: estamos diante dun xenio e podemos observar en directo a súa forma de pintar.

viernes, 9 de mayo de 2008

CIENCIA FICCIÓN

Non hai unanimidade á hora de falar de ciencia ficción, xa que este xénero e moi variado. Por exemplo nos excluímos da nosa selección aqueles títulos que facían máis referencia ó mundo da fantasía e que para outros tamén formarían parte da ciencia ficción.
Temos elaborado unha pequena guía sobre cales son ó noso entender os principais xeneros presentes no amplo abano do que entendemos como Ciencia Ficción. Se queredes podedes atopalo no seguinte pdf.
Disfrutade dun peueno anaco de "Días de cine" no que se fala do cine de Ciencia Ficción dos anos 80 e 90.