"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de enero de 2011

¿Publicidade ou arte?

Tirando do fio do post anterior atopamos este anuncio sobre as posibilidades do novo procesador de Intel. O anuncio resume e exemplifica todas as posibilidades de información e ocio da Revolución Informática ou da web 2.0...
Vaia maravilla!

domingo, 28 de noviembre de 2010

Fermosas matemáticas!



Outro maravilloso traballo de Cristobal Vila ó que xa coñecemos no blog polo seu traballo sobre a casa da cascada de Wright. Agora lle toca o turno ó número phi e á sección aurea.
Nunca as matemáticas foron tan fermosas! !Que me perdonen os matemáticos¡

Grazas os compañeiros do Vilar Ponte por amosarme a explicación do que se ve no video...

martes, 12 de octubre de 2010

Sombras chinescas

Vaia con estas sombras chinescas. Superan todo o visto ata agora. Disfrutade delas.

lunes, 6 de septiembre de 2010

A volta ó cole...

Que melancolía produce voltar ó cole. Remata o verán e se achega o outono. Interactuade có seguinte gadget e ide preparándovos para o que ven os próximos días.
(Por certo se querede paralo pulsade a tecla de espacio)
aM laboratory
- Watch more Videos at Vodpod.

Extraído de Xosé Antonio Alonso que á súa vez o atopou no blog de Agent3Z

miércoles, 31 de marzo de 2010

Máis arte ... a capela sixtina e a casa da fervenza.

Traemos hoxe dúas novas imaxes que nos permiten ver dun xeito máis completo e orixinal o que son estas dúas obras de arte... Pinchade encima da imaxe e a viaxar pola Capela Sixtina!

Tamén podedes visitar a Casa da Fervenza da Frank Lloyd Wright dun xeito como nunca fixéchedes.

Fallingwater from Cristóbal Vila on Vimeo.



E tamén podedes ver o museo do Prado en Google Earth e se non o tedes instalado no Google Maps.

martes, 23 de marzo de 2010

Imos facer arte

Temos un novo programa para pintar de xeito doado. Chámase flame e como ves é moi simple. Selecciona o pincel e a traballar. Poderás facer obras como esta (!se eres capaz, claro¡).

jueves, 11 de marzo de 2010

Un paseo pola historia da arte ...

O grupo de rock franco-americano Hold Your Horses ten un video titulado "70 million" no que se nos fai un repaso humorístico a un bo puñado de obras de arte.

viernes, 22 de enero de 2010

Un pouco de historia ...

Tres artistas chineses fixeron este inmenso cadro interactivo dos grandes personaxes da historia. Clickade nel e veredes por que é interactivo: cando arrastremos o cursor por enriba dos personaxes nos dirá quen é quen e ademáis se facemos click sobre eles nos remitirá a páxinas web (wikipedia) onde se nos explicará quen é cada un e que fixo. Por suposto de entrada está en inglés pero vale a pena...

miércoles, 21 de octubre de 2009

Arte (con maiúsculas) en directo

Dous fragmentos en video, un que acabo de atopar na páxina sorprendible (e xa levo varios) e o outro un vello post do noso blog no que vemos a traballar a Picasso en vivo.
No primeiro Kseniya Semonova traballa con area e fai unhas obras sorprendentes. Parece maxia!

No segundo Picasso traballa en vivo facendo unha pequena obra de arte diante dunha cámara fotográfica.
A semellanza é evidente, aínda que ¿por que non dicir que o alumno parece superar ó mestre?
Compárao.

Arte e música

let yourself feel. from Esteban Diácono on Vimeo.

Con música de Olafur Arnalds.
Disfrutade e relaxádevos coa seguinte videocreación.

martes, 20 de octubre de 2009

Videocreación!

O cine e a música xuntas como nunca. Vaia traballo de edición de Ricardo Autobahn. Facede a proba de adeviñar cantas películas e series das que aparecen no video coñecedes.


















Aquí tedes as respostas ...




miércoles, 9 de julio de 2008

Escultura cinética

Velahí vai un video do museo da BMW de Berlín onde se ve unha increíble escultura cinética... ¿Será unha montaxe?

miércoles, 18 de junio de 2008

A biblioteca ideal


Buceade nunha posible biblioteca ideal grazas á hiperfoto de JF Rauzier.
Visitade unha das nosas grandes fontes de inspiración, o blog Nosololibros.

martes, 10 de junio de 2008

A publicidade tamén pode ser un arte...

Dous anuncios sacados de youtube e que nos parecen dúas maravillas dende o punto de vista formal e non o que anuncian:
A vida sobre o papel (soubemos dela grazas a Nosololibros)


Xente coma nos (cortesía de Victor vice)

viernes, 23 de mayo de 2008

Arte na rúa

Dende o blog MESTURAS, chéganos o traballo videográfico "Mutu" do artista Blu. Có leit-motiv dos graffitti aparece unha creación artística absolutamente orixinal. Gozade!

martes, 13 de mayo de 2008

"O Guernica" de Picasso en 3-D

Collido de "A Nosa Biblioteca" unha nova forma de ver e disfrutar desta maravillosa obra...


E xa postos, buceade nunha pintura chinesa en 3-D, algo estrano e exótico pero fermosísimo...