"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Este ano na exposición da microrrede da Mariña participamos con este mapa no que podemos escoitar as entrevistas cós nosos familiares ou amigos que tiveron que emigrar.
Somos o grupo de 3ºESO A.
Neste segundo trimestre estivemos traballando nun proxecto chamado etwinning xunto cun instituto italiano, o ICS "Via Maffi" di Roma. A actividade consistiu en representar fotográficamente cinco cadros mitolóxicos. Nos escollimos os mitos de Aracné, Marte, Apolo, Circe e Baco. A maiores tamén creamos un museo virtual no que expuxemos as nosas obras xunto cunhas audioguías nas que explicamos cada un dos mitos representados. Este traballo foi unha experiencia inolvidable xa que aprendimos a traballar en grupo.
As obras de arte que re-creamos foron estas...
Aquí tedes o listado de lecturas obrigatorias para este curso... Non vos agobiedes por eso da "obrigatoriedade" e disfrutade deles!
Aquí tedes o resumo deste completísimo ano de Biblioteca...
Se queredes saber como era Viveiro noutro tempo, entrade nesta páxina elaborada polo alumnado de Xeografía e Historia da Arte de 2º de Bacharelato... A ver se vos gusta!
Aquí tedes a listaxe de lecturas obrigatorias no 2º Trimestre en cada asignatura.
Xa podedes ver aquí os relatos preseleccionados e votar os vosos preferidos. Agradecemos máxima difusión!!! 📚💜🎊👏🏻👏🏻👏🏻
Podedes votar a través deste enlace. Onde prefirades!
Aquí tedes acceso a todos os relatos... Coidadiño! Dan moito medo!!!!
i concurso de microrrelatos de medo e terror de Alicia YÁÑEZ PUENTES
Todos os cursos por estas datas realizábamos no instituto unha exposición elaborada polo alumnado de 1º da ESO para conmemorar o Día do Libro. Esa mesma exposición ía logo á Sala de Usos Múltiples e á Biblioteca do Concello de Viveiro polo Día das Letras Galegas dentro do Proxecto da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Dadas as circunstancias actuais de suspensión das actividades letivas por mor do Covid-19, a Microrrede elaborou un vídeo conmemorativo e de ánimo para o alumnado dos dezasete centros educativos integrantes. Esperamos que vos guste:
As actividades previstas para este curso pola Microrrede quedan aprazadas para o bindeiro ano e realizaranse na semana das Letras Galegas do 2021.
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Hoxe 23 de abril conmemórase
o Día do Libro e por iso gustaríanos darvos a coñecer un servizo
que a Rede de
Bibliotecas Públicas de Galicia
ten dispoñible para toda a poboación mentres dure a corentena.
Trátase de GaliciaLe,
unha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico onde
poderás atopar libros, revistas, audiolibros e películas en galego
e en castelán.
Como podo acceder?
-
Son
socio/a da Rede de
Bibliotecas Públicas de Galicia: accede co usuario e contrasinal.
-
Non
son socio/a:
rexístrate e accede coas claves que recibirás. Finalizada a
corentena disporás de 30 días para achegarte á biblioteca e
solicitar o teu carné para continuar desfrutando de GaliciaLe.
Aproveita e segue gozando do
pracer da lectura!
O xoves, os alumnos de 1o da ESO acudimos ao teatro Pastor Díaz para ver a obra “Troya”. Ademais das referencias á guerra mítica en imaxes de videoxogos e documentais, aprendemos o importante que é estar atentos ás estafas de Internet. A obra gustounos moito e participamos activamente do espectáculo... incluso acabamos bailando ao final da obra cos protagonistas! 🎭
Hoxe os alumnos e alumnas de 1o, 2o e 3o da ESO tivemos a sorte de contar ca presenza do youtuber xordo Iván Vázquez de @familiavazqueztv . Foi un encontro moi interesante e ameno, no que poidemos aprender sobre a lingua de signos e as dificultades das persoas con diversidade funcional. Ao final, na rolda de preguntas, tivemos tempo de saciar a nosa curiosidade e incluso contamos con algún testemuño moi especial. Viva a diferenza!
Este mércores o noso alumnado vai ver a película de Oliver Laxe "O que arde". Aquí tedes un anticipo. Seguro que a disfrutamos!
Xubilouse a nosa compañeira Sabela Barcón despois de moitos anos no noso centro e o seu alumnado de 2º de ESO, 1º ESO A e 3º PMAR quixeron facerlle unha sentida homenaxe facendo un recital poético na súa honra.
Aquí tedes algunhas fotos e videos deste festival. Clickade
neste enlace para velas.
E tamén nesta última semana de clase aproveitamos para facer as últimas reunións dos clubs de lectura. Esperamos que o ano que vén nos sigan acompañando os mesmos alumnos.
Onte martes 18 de xuño os 45 alumnos dos clubs de lectura de 1º e 2º de ESO acercáronse á praia de Esteiro de Barqueiro para realizar a súa actividade de fin de curso, surf. Despois dun duro adestramento para quentar, por fin se meteron na auga coa Escola de Surf Oxígeno e pasaron unha maá chea de diversión e entretenemento.
Estas actividades buscar o coñecemento de empresas da zona do entorno natural e cultural e o acercamento a novas prácticas deportivas.
Este luns 17 de xuño pola tarde, as alumnas do Club de Lectura de 2º de Bac fixeron por fin a súa primeira inmersión con bombona na ría de Viveiro. Despois de ler durante o curso a obra A muller que buceou no corazón do mundo e de ter charlas sobre o submarinismo e o síndrome de Ásperger (temas principais da novela)- tiveron por fin o seu bautismo coa Escola de Mergullo de Celeiro.
Un ano máis queremos dar as gracias aos colaboradores da biblioteca que desinteresadamente axudan a facer préstamos de libros, ordenar andeis ou propoñer e elaborar actividades. Os alumnos que este curso axudaron durante algún recreo ou en horas que tiñan libres na biblioeca foron:
- Yago Cerdeira Teijeiro (2º ESO D)
- Gabriela Nieto Rego (2º ESO)
- Laura Ríos Vázquez (2º ESO)
- Mateo Expósito Cociña (2º ESO)
- Eva Rodríguez (3º ESO)
- Sara González Alvo (3º ESO)
- Marta Isabel Guirado (3º ESO)
- Rosalía Fernández Barcón (4º A)