"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de abril de 2011

Organizando unha biblioteca

Evidentemente non podemos reorganizar a nosa biblioteca todos os días, pero,... ¡que bonito sería! ¿non?
Menos mal que hai xente que o fai por nos:

lunes, 18 de mayo de 2009

Edgar Allan Poe na Biblioteca...

Que quen é POE?

Nin máis nin menos que o renovador da novela gótica (ou de terror), e o inventor das novelas detectivescas e do xénero da Ciencia Ficción.
Como vedes naceu no ano 1809 ou sexa fai 200 anos e polo tanto estamos celebrendo o bicentenario dese feito.
Para facelo imos expoñervos os libros que temos na Biblioteca deste autor que como poderedes ver ten obras traducidas a tódolos idiomas.
¿Cales son as máis famosas? Pois hainas de tódolos xéneros…
Por suposto “O escarabello de ouro” (tesouros escondidos), “Os crimes da rúa Morgue” (novela de misterio e detectives), “A caída da Casa Usher” (terror), “As aventuras de Arthur Gordon Pym” (aventuras no mar)…
Animádevos e levade algún destes libros para casa. Son moi doados de ler xa que se trata contos breves (salvo “As aventuras de Arthur Gordon Pym” que é un pouco máis longo).
E tamén temos una novela de detectives que se basea na súa vida… “La sombra de Poe”

jueves, 10 de abril de 2008

Aquelas ilustracións ...

!Unha explicación animal á historia da arte contemporánea¡








Clicka nos ollos e poderás velo máis grande e tamén moitos máis libros...