"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de abril de 2011

Un lipdub nunha biblioteca ...

Dende a biblioteca do IES Fontem albei de A Fonsagrada chegounos este impresionante lipdub realizado polo alumnado e os profesores e outro personal deste instituto.
A idea era presentar a CDU dun xeito divertido ó alumnado.Creo que o conseguiron. Parabéns e seguide así.
Dá moita envexa o que fixechedes pola súa dificultade e polo traballo, imaxinación e "bo rollo" que ten que haber detrás desto...

martes, 5 de abril de 2011

Organizando unha biblioteca

Evidentemente non podemos reorganizar a nosa biblioteca todos os días, pero,... ¡que bonito sería! ¿non?
Menos mal que hai xente que o fai por nos:

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Marchando unha de bibliotecas.


No blog sorprendible atopamos esta selección de bibliotecas do mundo verdadeiramente impactantes. Veredes que oscilan dende as máis clásicas ata as máis modernas.
Escollede cal sería (ou a cal se debería parecer) a vosa biblioteca ideal. Tomádeo como unha enquisa informal. Respondede mandando unha mensaxe coa vosa votación.

miércoles, 18 de junio de 2008

A biblioteca ideal


Buceade nunha posible biblioteca ideal grazas á hiperfoto de JF Rauzier.
Visitade unha das nosas grandes fontes de inspiración, o blog Nosololibros.