"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

A revista do noso centro que xa vai polo número 43 (ininterrumpidamente dende maio do ano 1994) xa está colgada en Internet (en formato pdf).
Para vela non tedes máis que acceder
neste enlace. Tede paciencia xa que estamos empezando a cargalos dende os máis antigos ata os máis recentes, pero moi pronto xa estarán todos.

Poñemos á vosa disposición o link do último número da revista de literatura xuvenil
"El templo de las mil puertas", para que disfrutedes desta pequena xoia. Nesa páxina debedes clickar na esquina das páxinas para poder ler a revista.