"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
viernes, 25 de octubre de 2019
"Troya" no Teatro pastor Díaz
O xoves, os alumnos de 1o da ESO acudimos ao teatro Pastor Díaz para ver a obra “Troya”. Ademais das referencias á guerra mítica en imaxes de videoxogos e documentais, aprendemos o importante que é estar atentos ás estafas de Internet. A obra gustounos moito e participamos activamente do espectáculo... incluso acabamos bailando ao final da obra cos protagonistas! 🎭
O youtuber Ivan Vázquez visitounos hoxe...
Hoxe os alumnos e alumnas de 1o, 2o e 3o da ESO tivemos a sorte de contar ca presenza do youtuber xordo Iván Vázquez de @familiavazqueztv . Foi un encontro moi interesante e ameno, no que poidemos aprender sobre a lingua de signos e as dificultades das persoas con diversidade funcional. Ao final, na rolda de preguntas, tivemos tempo de saciar a nosa curiosidade e incluso contamos con algún testemuño moi especial. Viva a diferenza!
lunes, 14 de octubre de 2019
"O que arde" Película de Oliver Laxe
Este mércores o noso alumnado vai ver a película de Oliver Laxe "O que arde". Aquí tedes un anticipo. Seguro que a disfrutamos!
Recital e poesía adicado a Sabela
Xubilouse a nosa compañeira Sabela Barcón despois de moitos anos no noso centro e o seu alumnado de 2º de ESO, 1º ESO A e 3º PMAR quixeron facerlle unha sentida homenaxe facendo un recital poético na súa honra.
Aquí tedes algunhas fotos e videos deste festival. Clickade neste enlace para velas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)