"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agustín Fernández Paz. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de octubre de 2008

¡Noraboa Agustín!

Agustín Fernández Paz ganou o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, coa súa obra «O unico que queda é o amor», editada por edicións Xerais en galego e en español por Anaya.
Saúdamos con moito agarimo a este xenial escritor ó que coñecimos o pasado curso na conferencia que deu no noso instituto, e na que nos falou do proceso da creación das súas obras, de onde proceden as ideas, como se van modificando ó longo do proceso creativo ata que aparece esa nova xoia en forma de novela das súas mans.
E todo derrochando simpatía, comprensión e paciencia, facendo gala da súa antiga profesión de mestre, aínda que sen dúbida segue e seguirá sendo mestre xa que esa condición é algo que cando entra nun xa non da saído.
Unha aperta dende todos os alumnos e profesores do IES María Sarmiento de Viveiro.

Agustín Fernández Paz no catálogo da nosa Biblioteca

viernes, 9 de mayo de 2008

Agustín Fernández Paz no IES María Sarmiento

Nestre trimestre visitounos Agustín Fernández Paz quen ante un salón de actos cheo de alumnos nos falou un pouco de como fooi facendo ou como se lle foron ocurrindo as ideas para os seus libros.
Foi un rato bárbaro no que os alumnos disfrutaron enormemente. Vomo podedes ver ó remate un grupiño de alumnos quedou falando con el e mesmo adicou algúns dos seus libros.