"Somos ananos nos lombos de xigantes"

Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.

viernes, 26 de abril de 2019

OBRADOIRO SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA E SOCIEDADES DISTÓPICAS NO MARÍA SARMIENTO

Este luns 29 de abril celebraremos co alumnado de  1º de Bac un obradoiro de literatura fantástica e sociedades distópicas con Freddy Gonçalves, promotor de lectura, libretista, escritor e especialista en literatura infantil y juvenil. Aquí vos deixo o cartel.


Freddy Gonçalves da Silva



lunes, 8 de abril de 2019

Primeira Gran Gala do María Sarmiento

Este venres 5 de abril tamén se celebrou no Teatro Pastor Díaz a I Gala do María Sarmiento. Cumpríronse sobradamente os dous obxectivos marcados: facernos pasar un rato agradable e recadar fondos para a excursión de fin de curso a Londres dos alumnos de 4º da ESO (verdéronse máis de 360 entradas dun aforro de 393).

E o éxito vai desde Rosalía, cunha presentación xenial, ao remate final do alumnado de 4º, pasando polo divertidísimo Mago Carrolo e por Víctor "Cafetería" que mercou 15 entradas, donou unha cesta para sortear e abreu o espectáculo coa representación dunha escena de La vida es sueño. Gracias tamén a Ruth, que deseñou o cartel, por estar sempre disposta a colaborar e ao vicedirector  Janeiro pola súa paciencia infinita. Gracias á academia de danza Chasé polas tres actuacións que aportou ao espectáculo, á concelleria de cultura Lara e moi especialmente a Joni Ramos. 

Fran Basanta


Fran, a ti si che agradecemos todo o traballo que cada día realizas cos rapaces dentro e fora das aulas. Gracias. 




 

A escritora Antía Yáñez no María Sarmiento

O pasado venres 5 de abril visitounos a escritora de Burela Antía Yáñez, que veu comentar co alumnado de 1º da ESO a súa novela O misterio de Portomarín e co de 4º da ESO, Senlleiras. Todos quedamos encantados coa súa forte personalidade, cultura e intelixencia. Gracias Antía por explicarnos con tanta claridade e profundidade, temas tan complexos e importantes como son os de ambas novelas. 





 

martes, 2 de abril de 2019

VISITA A FOZ DOS CLUBS DE LECTURA DE 3º E 4º DA ESO














Onte 1 de abril de 2019 os 41 alumn@s dos clubs de lectura de 3º e 4º da ESO viaxaron a Foz para coñecer aos seus 33 "correspondentes descoñecidos". Despois dunhas semanas intercambiando información sobre eles mesmos a través das redes sociais, realizouse esta actividade na vila mariñana, quedando en recibir aos compañeiros de Foz en Viveiro o 14 de maio para a ponencia de David Lozano.

Primeiro visitaron as instalacións de Hostalaría, a continuación foron recibidos na biblioteca do IES focense ond ehoubo tempo para a presentación, saúdos, converss, fotos e intercambio de agasallos. Despois do recreo fixeron unha carreira de pistas/orientación (ginkana literaria) por equipos para coñecer a vila e ás 14horas foron xantar á praia da Rapadoira. 

Pola tarde foron visitar a basílica de San Martiño de Mondoñedo (que pertence a Foz) nunha visita guiada que fixo as delicias de profes e alumnos.




VISITA DE CARLOS NEGRO

Hoxe 1 de abril de 2019 tivemos a sorte de contar coa visita de Carlos Negro. Pasamos con el unha tarde estupenda chea da sua simpatía e a creatividade dos nosos alumnos.









Formas estrañas

Había un esqueleto enriba dunha cama
e un vestido cun ataque ao corazón.

Había unha muller na cama co esqueleto encima,
unha muller toda ensangrentada.

Era a morte.
Nunha festa galega con vestimentas tradicionais,
turbia e grandiosa.

O corpo é a mellor obra de arte.
Pero os corazóns poden ser venenosos como un arma
e a dor unha lanza atravesándoche o corazón.
Unha dor que sintes ao tecer,
de mulleres tiradas no piso
de rapazas durmindo e un esqueleto
de mulleres cravadas no peito e prendas…

A morte é rápida e sinxela, un soño eterno.
Unha aldea moi bonita
Unha muller con dous vestidos ao lado
Órganos que parecen persoas
e a terra podrece por culpa do que os humanos crearon.

Son os pés da morte.

Poema creado polos alumnos de 2º da ESO no obradoiro de escritura automática realizado con Carlos Negro