Ós que sodes aficionados ós Simpsons clickade neste enlace ou na imaxe e teredes un mapa interactivo de Springfield.
E xa que estamos imos ver como explican os Simpsons a evolución...
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
domingo, 31 de octubre de 2010
miércoles, 27 de octubre de 2010
Exposición de Primitivo Marcos
Onte inaugurouse no concello vello de Viveiro unha exposición sobre o proceso creador do novo comic do noso compañeiro, que xirará en torno ó naufraxio do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena no ano 1810. Lembrade que estamos a conmemorar o 2º bicentenario deste naufraxio, que se produciu durante a Guerra de Independencia contra os franceses (un pouco de historia...!)
Nesta exposición asistiremos ás fases do proceso de creación dun comic, dende o xurdir da primeira idea (neste caso un encargo) como van aparecendo as imaxes, primeiro como un simple apuntamento ata que acadan a súa forma definitiva.
É un verdadeiro luxo ter un artista como é Primi no noso centro e unha gozada ver todos os ensaios que o levan a facer unha obra de arte como será este comic.
Mentras o comic non sae á venta, disfrutade de momento coas imaxes da presentación ad exposición.

miércoles, 20 de octubre de 2010
O noso xornal "O probisional" seleccionado ...
O noso xornal segue acadando premios que valoran na súa xusta medida o traballo que levan moito tempo desenvolvendo unha serie de compañeiros (alumnos e profesores) , dirixidos por Nestor Timiraos. Xa fai 17 anos que se publicou o primeiro número da nosa revista e camiñamos cara o seu nº 49.
Se queredes botarlle unha ollada ós números publicados deste xornal accedede a este enlace (en construción).
Nesta ocasión o recoñecemento ó "Probisional" ven dado na súa seleción pola "Asociación de prensa juvenil" como un dos 18 mellores xornais xuvenís de toda España.
lunes, 18 de octubre de 2010
Concursos!
Xa temos convocados os dous primeiros concursos deste ano.
O primeiro é un concurso de microrrelatos de terror. Xa sabedes, a metre medo ós demáis compañeiros coa vosa imaxinación. Tedes de prazo para entregar o voso conto ata o 1 de decembro de 2010. Non vos despistedes e facedeo antes de que empecen os exames. Mirade a convocatoria neste enlace.
Tamén convocamos un concurso para facer marcapáxinas. Xa sabedes que os marcapáxinas ganadores serán usados por toda a comunidade escolar a partir do 2º trimestre. Consultade as bases neste enlace.

Etiquetas:
concurso literario,
concursos,
Fomento da lectura
viernes, 15 de octubre de 2010
Comezamos a "Hora de lectura"
Un ano máis imos adicar unha hora semanal da nosa actividade escolar a ler. Como novidade neste curso académico, imos ler todos os grupos á mesma hora, o que nos vai simplificar moito máis a todos, a organización e o recordo da dita hor de lectura.
O calendario podedes consultalo neste enlace.
Como sabede,s esta semá fumos dotando a todas as aulas dos grupos dunha biblioteca de aula, que ten como función que os que sodes aficionados á lectura podades ler nas horas que falta un profesor, e por suposto para esta hora de lectura semanal.
Se queredes repasar as normas desta hora de lectura lede este arquivo.
martes, 12 de octubre de 2010
Sombras chinescas
Vaia con estas sombras chinescas. Superan todo o visto ata agora. Disfrutade delas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)