Os rapaces de 2º da ESO que pertencen ao club de lectura dese nivel recibiron unha charla informativa sobre o trastorno autista Ásperger. A charla foilles de gran axuda para comprender mellor o libro que están a ler: Incidente do can a media noite.
"Somos ananos nos lombos de xigantes"
Lembrade que todo o que hai neste blog (e noutros moitos) é grazas ó traballo xeneroso daqueles que foron creando, buscando, organizando e dende logo compartindo todo o que hai pululando pola rede e que para nós sería descoñecido sen o seu esforzo.
domingo, 22 de marzo de 2015
PREMIAMOS A MELLOR CARTA DE AMOR
Os alumnos do club de lectura de 1º da ESO leron nesta segunta avaliación Cartas de Amor de Fran Alonso. A raíz desta lectura propuxémoslles aos rapaces que creasen eles unha carta de amor e aquí temos a gañadora.
MULLERES NA BIBLIOTECA E FÓRA DELA
NESTE MES DE MARZO NO QUE CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA, DECIDIMOS FACERLLE UNHA HOMENAXE A TODAS AS MULLERES DO PLANETA E ESPECIALMENTE A TODAS AS QUE NOS EMOCIONARON EN PELÍCULAS E LIBROS. POR ISO HABERÁ DURANTE TODO O MES E ATA DESPOIS DAS VACACIÓNS, UNHA EXPOSICIÓN CON TODAS ESAS OBRAS QUE NON NOS PODEMOS PERDER PORQUE NOS CONMOVERÁN.
XA TEMOS MASCOTA "DE CARNE E ÓSO"
Por fin atopamos á nosa mascota Bibliomasa de "carne e óso". Despois de moitos anos na biblioteca en forma de camisetas, batas, murais, marcapáxinas... apareceu o noso canciño para alegrarnos e animarnos a ler. Foi máis difícil atopalo do que puidera parecer. Esperamos que vos guste.
CONCURSO CARTA Á LINGUA GALEGA
A biblioteca convocou un novo concurso literario no mes de febreiro. Nesta ocasión os alumnos participantes tiñan que escribirlle unha carta á lingua galega seguindo a estructura deste tipo de escritos. Nesta ocasión o gañador dun videoxogo foi Lucas Gómez.
Viveiro, 2 de febreiro de
2015
Día da Lingua materna
Querida lingua materna:
Es única. As máis belas
palabras están no teu interior, forxadas en ti ao longo dos anos.
Palabras fermosas para a vida cotiá, como lareira, labrego...
Lingua dun lugar verde,
cos seus labregos e vacas no campo cheo de piñeiros, eucaliptos...
Historias incribles foron
contadas contigo, de guerreiros castrexos e romanos conquistadores.
Tamén tes poesía e poetas destacados, sen ir máis lonxe Rosalía
de Castro que escribíu a súa morriña nas máis belas estrofas,
morriña d eirse, de deixar a súa casa, de deixar a súa lingua...
E aínda que non vén a
conto (ou si), es unha das linguas máis ben situadas na rede, que xa
é difícil!!!
Saúdos, un falante
Asinado:
Lucas Gómez Riveira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)